Premio PFC Sw Libre: último mes
Estamos na fase final do Premio ó mellor PFC de Sw Libre, só queda un mes para que se cerre o plazo de inscripción.
Ó longo deste tempo temos publicado unha serie de post co obxetivo de acercar o funcionamento das comunidades de sw libre ó estudantado galego. Acabamos de publicar un post con todo o anterior, onde compilamos unha panorámica global da xestión de un proxecto de software libre.
En liñas xerais, os fitos máis importantes para o premio son:
- Inscripción ata o 31 de outubro de 2008
- Só para PFCs do ano académico 07/08 (setembro 08 incluido)
- O PFC debe ter unha licencia de sw libre (aprovada pola FSF ou a OSI)
- 1000 € ó gañador e posibilidade de un accésit de 500 €
Esperamos a túa participación!
Xestión dun proxecto de software libre
Ó longo do recorrido deste blog temos publicado unha serie de posts sobre os aspectos organizativos, legais e económicos das comunidades e proxectos de software libre.
Recopilamos agora todo o anterior, unha panorámica global da maioría dos puntos a ter en conta para xestionar un proxecto de software libre, coa que pretendemos acercar o funcionamento das comunidades de sw libre á comunidade universitaria galega. Esperamos que vos sexa de utilidade.
Aspectos legais:
- Elexindo licencia para o código
- A xestión do copyright
- Licencias e copyright dos PFC nas universidades galegas
- Caso práctico: o kernel de linux, aspectos legais
Aspectos económicos:
Cómo xestionar a colaboración:
- Fomentar a confianza mutua entre os participantes
- A modularidade do proxecto
- Integración das aportacións
- Caso práctico: kernel de linux, cultura organizativa
Decidindo o ciclo de publicación:
- Xestionando o ciclo de publicación
- Caso práctico: kernel de linux, xestión das releases
- Caso práctico: escritorio gnome, xestión das releases
Ferramentas:
