Financiación e modelos de negocio en Sw Libre

Posted by admin on September 02, 2008

Ó longo dos direferentes posts, temos repasado diversos puntos dun proxecto de software libre, dende os aspectos legais ata os organizativos. Mais unha das cuestións clave reside en coñecer os modelos de financiación e rentabilidade do proxecto.

En aras dunha mellor comprensión, podemos distinguir dúas áreas principais de estudo:

ESQUEMAS DE FINANCIACIÓN

Co seguinte esquema exemplificamos os modelos de financiación máis habituais, asociando a cada exemplo un caso coñecido de proxecto ou empresa:

financing schemas

En resumen, os esquemas de financiación poden categorizarse a grosso modo según a seguinte lista:

Unha determinada institución pública considera adecuado invertir nun proxecto, ben porque ninguén invirte debido ó escaso retorno económico (o caso do CENATIC co DNI-electrónico), por motivos estratéxicos -redución de costes e creación de industria local- (o caso dalgunhas administracións públicas españolas) ou de seguridade nacional (o caso do goberno alemán que financiou desenvolvementos específicos de gnupg).

Neste punto encaixa o papel das fundacións privadas como a Free Software Foundation.

Wine é unha implementación da API de windows en entornos UNIX. Nun momento dado, Corel decidiu invertir no proxecto Wine (contratando a desenvolvedores a tempo completo) de cara a mellorar a estabilidade do mesmo. Coas melloras de Wine, Corel gañaba portabilidade entre distintos sistemas, achegándose ós sistemas UNIX:
The future is going to be a variety of platforms. It only makes sense to centralise around one operating system. The operating system is the common denominator. We’re keen on everything — including Transmeta and mobile Linux — that expands the Linux universe.

Neste sentido as inversións en proxectos de sw libre van relacionadas cos modelos de negocio existente (que tratamos posteriormente).

MODELOS DE NEGOCIO

Por outra parte, en canto ós modelos de negocio, tamén realizamos un mapa de conceptos exemplificándoos con proxectos e empresas coñecidas:

business models

O esquema está realizado según a clasificación de Hecker (blog persoal), un dos artífices da liberación do código de Netscape e que actualmente traballa para a Fundación Mozilla. Según Hecker, pódense diferenciar os seguintes modelos de negocio (aínda que existen outras clasificacións):

Consiste na venta de soporte e servizos asociados ó producto. Nesta categoría podemos encontrar dende servizos de consultoría ata desenvolvemento de necesidades específicas non cubertas polo produto.

O programa libre sirve como base para a comercialización de produtos propietarios. O exemplo máis claro probablemente sexa o da empresa Ximian (agora parte de novell) que se encargou do desenvolvemento do xestor de correo libre Evolution, sobre o que comercializaban o conector para servidores Microsoft Exchange 2000 como produto propietario.

Neste caso, a empresa rentabiliza a inversión coa venta de hardware e o software é unha commodity, algo que non reporta beneficios. Así é o caso da internet tablet de Nokia que corre baixo a plataforma de software libre Maemo.

Este modelo de negocio consiste na comercialización de produtos relacionados. Moi coñecido é o caso da editorial O’Reilly. unha das máis reputadas no mundo técnico e de software libre. O impacto da marca sobre este nicho de mercado é dedido en gran medida pola continua promoción de eventos e subvención de proxectos de software libre, que logo rentabiliza en forma de publicación de libros técnicos e contacto directo cos hackers.

Neste modelo, o software libre sirve como base para comercializar un servizo (non relacionado co produto), polo que a empresa ten interese en invertir en proxectos de software libre que necesite á hora de proveer o servizo con calidade (servidores web, linguaxes específicos).

Esta estratexia consiste en asociar un produto cunha marca concreta. Unha vez feito, é posible comercializar servizos relacionados coa marca: cursos de formación específicos, certificacións, …

A diferencia do anterior neste modelo franquíciase a marca, podendo usala para certos fins específicos. Programas de partners como os de MySQL entrarían nesta categoría.

  • Sell it, Free it (modelo GNAT)
Por último, existe a estratexia de comercializar un produto de software libre para -unha vez teña certo éxito- distribuir as seguintes versións como propietarias durante un tempo, liberándoas con cada nova versión lanzada. Éste é o modelo que sigue a empresa AdaCore vendendo unha versión do compilador de ADA GNAT por unha suscripción que libera posteriormente.

LICENCIAMENTO DUAL

Por último, falamos dun modelo non recollido no artigo de Hecker. Si ben no mundo do software privativo é habitual que o modelo de negocio esté baseado na venta de licencias (que concede a posibilidade de uso dun programa en certos entornos controlados), en xeral non ocorre así no mundo do software libre. Mais existe a posibilidade de obter rentabilidade por pago de licencias.

Para iso, o programa debe ter un licenciamento dual, é dicir, debe ter dúas licencias. É habitual que unha delas sexa unha licencia robusta (polo que permite usar o código e melloralo sempre que os derivados se licencien con outra licencia robusta) e outra sexa específicamente deseñada para poder crear produtos derivados propietarios a cambio dunha cantidade a negociar.

CONCLUSIÓNS

É evidente que os modelos dos que falamos anteriormente non son estancos e as empresas tecen un complexo fluxo comercial no que fan uso de varios simultaneamente. Estudialos de modo desagregado danos a posibilidade de observar as múltiples posibilidades que existen.

Si observamos por exemplo a empresa MYSQL AB vemos que ten varias fontes de ingresos por diferentes motivos: venta de servizos (consulting, support), marca e franquiciado, así como por venta de licencias. Todos eles baseados na explotación do coñecemento ó redor de produtos de software libre.

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.

  1. […] Pódese decir que a principal fonte de financiación do kernel son empresas externas que: […]