Resolución do Premio ó mellor PFC de Sw Libre

Posted by amaneiro on November 13, 2008

O mércores 12 pola tarde realizouse o evento de resolución do premio. O xurado, estivo conformado polos 3 decanos/directores das facultades de informática galegas: Antonio Mosquera pola ETSE da USC (e anfitrión desta edición), Alberto Valderruten pola FIC da UdC, Enrique Barreiro pola EI da UVigo; Suso Baleato como coordinador de Mancomún, Centro de Referencia e Servizos de Sw Libre a nivel galego; Javier Vázquez e eu mesmo (Andrés Maneiro) por parte de Igalia.

De cara á resolución final, e como se publicitou previamente nas bases, tívose en conta tanto os aspectos técnicos do proxecto como os de comunidade e actividade pública.
O gañador da edición 2008 (cunha dotación de 1000€) foi Miguel Álvarez Úbeda co proxecto Herramientas de análisis de redes, debido ós méritos en ambos campos antes mencionados:
  • Aspectos técnicos: a condición de Matrícula de Honra do PFC presentado.

Porén, o xurado decidiu conceder o Accésit (cunha dotación de 500€) a Orlando García Feal co proxecto Katmus.

Finalmente, e debido á calidade do proxecto presentado, o xurado decidiu outorgar unha Mención de honra (sen dotación económica) non contemplada ó inicio, a Diego Pérez Montes polo proxecto ASTRA.

[Na foto, Diego Pérez, Orlando García e Miguel Álvarez]

Finalmente, só queremos felicitar a todos os participantes polo gran esforzo realizado nos seus PFC.

Esperamos que o modesto impulso que é o premio contribuíse ós obxectivos que nos marcamos ó comezo:

  • Pór en valor o traballo realizado polos estudantes, amosando que é posible realizar PFC con software libre, ben sexa aportando novas funcionalidades a un proxecto existente ou lanzando un propio.

Gracias a todos por conectarvos connosco.

Resolución e entrega de Premios na ETSE

Posted by amaneiro on November 10, 2008

    Unha vez pechado o proceso de inscripción no premio, de todos os interesados e pre-inscritos, finalmente os finalistas son:

    A fase final do evento realizarase na Universidade de Santiago de Compostela:

Premio PFC Sw Libre: último mes

Posted by amaneiro on September 22, 2008

Estamos na fase final do Premio ó mellor PFC de Sw Libre, só queda un mes para que se cerre o plazo de inscripción.

Ó longo deste tempo temos publicado unha serie de post co obxetivo de acercar o funcionamento das comunidades de sw libre ó estudantado galego. Acabamos de publicar un post con todo o anterior, onde compilamos unha panorámica global da xestión de un proxecto de software libre.

En liñas xerais, os fitos máis importantes para o premio son:

  • Inscripción ata o 31 de outubro de 2008
  • Só para PFCs do ano académico 07/08 (setembro 08 incluido)
  • O PFC debe ter unha licencia de sw libre (aprovada pola FSF ou a OSI)
  • 1000 € ó gañador e posibilidade de un accésit de 500 €

Esperamos a túa participación!

Xestión dun proxecto de software libre

Posted by amaneiro on September 22, 2008

Ó longo do recorrido deste blog temos publicado unha serie de posts sobre os aspectos organizativos, legais e económicos das comunidades e proxectos de software libre.

Recopilamos agora todo o anterior, unha panorámica global da maioría dos puntos a ter en conta para xestionar un proxecto de software libre, coa que pretendemos acercar o funcionamento das comunidades de sw libre á comunidade universitaria galega. Esperamos que vos sexa de utilidade.

Aspectos legais:

Aspectos económicos:

Cómo xestionar a colaboración:

Decidindo o ciclo de publicación:

Ferramentas: