Ferramentas e boas prácticas para fomentar a colaboración
Cando falamos dun proxecto de software libre, non só nos estamos referindo a proxectos realizados con tecnoloxías libres, senón a proxectos de comunidade, onde moita xente en lugares e motivacións diversas colabora na realización exitosa do mesmo.
É por isto que se precisa unha infraestructura para facilitar a colaboración, para que a xente participe e traballe en grupo de un modo natural.
Dende logo, son necesarias unha serie de ferramentas que permitan tanto a interacción entre as persoas: listas de correo, foros, jabber, IRC, wiki, web, blog, planets … como a xestión e mantemento do código: sistemas de control de versións, sistemas de xestión de incidencias (bugs, peticións de novas funcionalidades, …), …
Existen multitude de servizos que nos proveen das ferramentas máis usadas. Sourceforge é un dos máis populares. No caso galego dispoñemos da forxa de mancomún, onde -unha vez nos rexistramos como usuario– temos á nosa disposición as ferramentas básicas que necesitamos para levar a cabo o noso proxecto. En concreto, a forxa de mancomún ofrécenos as seguintes:
- listas de correo e foros
- wiki e web
- sistema de xestión de incidencias
- sistema de control de versións (SVN neste caso)
Pero máis alá das ferramentas usadas, existen asimesmo normas sociais, un fluxo de traballo que respetar: cómo usar as ferramentas para levar a cabo o proxecto que temos entre mans.
De todo esto pretendemos falar nos seguintes posts. E para iso trataremos de seguir as 3 claves que destaca Benkler para que un proxecto de comunidade funcione:
- A confianza como vertebrador da participación
- A modularidade do proxecto como factor que potencia da colaboración
- O problema da integración e control de calidade das aportacións:
- Ferramentas: sistemas de control de versións (cvs, svn, git), sistemas de control de incidencias (bugzilla, trac), ferramentas de axuda á compilación (make, autotools, ant, maven), …
- Boas prácticas na integración do código
Trackbacks
Trackbacks are closed.
[…] Unha panorámica xeral das ferramentas […]