O Kernel de Linux: xestión das releases

Posted by admin on September 09, 2008

En posts anteriores temos visto a importancia dos procesos de publicación para a sincronización do traballo e unha breve explicación sobre cómo o proxecto GNOME xestiona as releases. A pesar de que –dende as versións 2.6o kernel posúe un ciclo de publicación baseado en tempos, éste non é tan ríxido como o de GNOME.release del kernel linux

Ambos proxectos difiren enormemente: os clientes de gnome son principalmente usuarios, é un proxecto que pretende integrar moitas aplicacións dispersas con problemáticas específicas (localización, accesibilidade, …); porén, os clientes do kernel son -na súa gran maioría- outras aplicacións que requiren unha serie de funcionalidades do hardware, é un proxecto de baixo nivel.

Por outra banda, en canto á cultura organizativa do kernel podemos dicir que é un proxecto intensivo en uso de listas de correo e posúe un modo de organización xerárquico (en conxunción con procesos de peer review), onde a última palabra sobre a publicación a posúe Linus Torvalds.

Os fitos clave da publicación dunha nova versión do kernel:

  • Merge window open: o proceso de creación dunha nova release comeza unha vez se publica unha versión estable. Durante un período aproximado de 2 semanas pódense enviar parches relacionados con novas funcionalidades, cambios na API, etc.
  • Publícase a “release candidate1: a partir deste momento comeza un proceso de estabilización das funcionalidades engadidas e -idealmente- non se permiten máis parches que os de corrección de bugs.
  • Estabilización do kernel: cada 5/10 días publícase unha nova release candidate do kernel resolvendo novos bugs.
  • Publicación da rama estable: aínda que non existe un deadline claro -decídese a través das listas de correo- un baremo habitual é considerar o número de regresións respecto ó anterior. Mais a última palabra tena sempre Linus Torvalds, o desenvolvedor principal.

O proceso repítese de xeito iterativo ó longo das versións, seguindo o esquema mencionado, publicando cada 2/3 meses unha nova versión do kernel. Unha vez publicada o seu mantemento pasa a mans do equipo da rama estable e o ciclo comeza de novo coa seguinte versión.

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.