Presentación de Galinux

Posted by javi vazquez on December 12, 2008

Onte participei no evento de presentación de Galinux, sistema operativo libre “galeguizado” baseado en Ubuntu.

É relevante dicir que Galinux non é unha nova distribución ou sistema operativo, senón a aplicación dun metapaquete desenvolvido por Mancomun para “galeguizar” calquera distro libre, como foi o caso baseado en Ubuntu que se presentou onte en Santiago.

A idea do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre Mancomun é que calquera poida reaproveitar o traballo feito por eles para “galeguizar” outras distros coma Fedora, Debian, SuSe, etc.

A pesar do meu problema co bote de gomina esa mañá e as pintas de “mario conde” :), gustoume especialmente o vídeo publicado en A Nosa Terra sobre o evento.

Igalia en el CFV

Posted by javi vazquez on October 28, 2008

Mañana miércoles participaré como ponente en las Jornadas sobre Oportunidades de Negocio en el Software Libre que organiza el Club Financiero de Vigo (CFV).

En la jornada matinal, Roberto Brenlla de Tegnix hablará de software libre para PYMEs dentro del tour que AGASOL está realizando por todas la ciudades de Galicia, con el objetivo acercar tanto los fundamentos como las soluciones específicas de soft libre a las pequeñas y medianas empresas.

La primera etapa del citado tour se celebró el pasado 14 de octubre en la Cámara de Comercio de A Coruña, con un elevado (y sorprendente, al menos para mí) número de asistentes.

Por la tarde, Igalia y cómo hacemos negocio en torno al soft libre compartirá espacio con otras compañías gallegas como Allenta, Edisa y Velneo.

Aunque tengo (o tenía) un conocimiento razonable de las fórmulas de negocio de las 3 empresas, siento especial curiosidad sobre la reciente estrategia open source de Edisa, una compañía con más de 25 años de historia y un producto ERP consolidado como Libra, privativo y sobre Oracle.

A ver si esta tarde actualizo un poco mis traspas sobre Igalia… 🙂

Entrevista de AGASOL na Voz

Posted by javi vazquez on August 21, 2008

O fin de semana próximo, no complemento Salmón (de negocios) da Voz de Galicia, sairá publicada unha entrevista miña como presidente de AGASOL.

Na mesma, ademáis de insistir nos obxectivos básicos da Asociación, lanzamos a mensaxe clave no inicio desta, en certa forma, segunda etapa da Asociación: posicionar a AGASOL como interlocutor de negocio e proveedor de servizos en torno a aplicacións de software libre.

É dicir, calquera organización interesada en avaliar o software libre como ferramenta para mellorar a súa intraestructura tecnolóxica, pode contactar con AGASOL para contratar os servizos necesarios.

AGASOL é capaz de actuar como partner tecnolóxico, avaliar as necesidades tecnolóxicas da empresa cliente e:

* Seleccionar a empresa ou grupo de empresas socias que poden levar a cabo o proxecto da mellor forma.

* Xestionar o proxecto de forma global, servindo como único interlocutor, á vez que contando coas empresas especialistas nos diversos eidos necesarios.

Nos próximos meses engadiremos á web de AGASOL o portofolio de productos soportados polas empresas socias, ademáis de mellorar o seu deseño, e levaremos a cabo diversas accións comerciais de promoción desas solucións, apoiados nos casos de éxito concreto das empresas socias.

O último catrimestre deste ano será fundamental para medir a capacidade de xeneración de negocio dunha Asociación que ten como pata fundamental a promoción da colaboración de negocio entre os seus socios, e que ten que vivir necesariamente dos proxectos desenvolvidos en conxunto por eles.

III Día do Emprendedor: Google!

Posted by javi vazquez on May 08, 2008

Onte mesmo confirmou a súa presencia no itinerario de software libre dentro do III Día do Emprendedor Eduardo Manchón, quen traballa actualmente nas oficinas en Zurich de Google .

Eduardo é un dos fundadores de Panoramio, empresa española  de xeolocalización de fotos que foi mercada por Google en 2007.  Podedes ler a entrevista que lle fixeron  a Eduardo e o seu socio Joaquín no País o ano pasado.

Con todo, o programa definitivo, penso que moi interesante :), queda como segue:

09.30-10.15 “Gurús da Rede”

Juan Freire. Emprendemento, organizacións abertas, novos paradigmas…

Eduardo Manchón. Google, Panoramio, …

10.15-11.00 “Empresas preto de ti”

Igalia. Cooperativismo e software libre dende Galicia para o mundo.

Allenta. Roberto Moreda.

13.00-13.45 “Distintas fórmulas cara o éxito”

Ikusnet. Dani Armendáriz. Cooperación e horizontalidade en torno ao software libre.

e-Box. Nacho Correas. Na búsqueda de capital risco.

13.45-14.30 “100% software libre, pero _sen_ software”

Blobject. Alfredo Romeo.

Zemos98/Hapaxmedia. Felipe González e Rubén Díaz.

Non esperades para inscribiros a través da web do evento!.

III Día Galego do Emprendedor 2008: Software Libre

Posted by javi vazquez on May 06, 2008

O programa do III Día do Emprendedor xa está completo e pode ser consultado na propia web da xornada, da que extraio o texto de presentación seguinte:

O vindeiro 15 de Maio, Santiago de Compostela acollerá a celebración do III Día Galego do Emprendedor. No ámbito da iniciativa promovida dende o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para a realización destas xornadas sobre emprendemento en todas as Comunidades Autónomas, o Igape e BIC Galicia impulsan este evento co obxectivo fundamental de promover e alimentar o espírito emprendedor e, deste xeito, transmitir as claves que permitan emprender en Galicia nun ámbito de innovación e competitividade.

Baixo o paraugas de AGASOL e a través de Igalia, confeccionamos o itinerario adicado a Software Libre e modelos abertos de negocio, co programa seguinte:

09.30-10.15 “Gurús da Rede”

Juan Freire. Emprendemento, organizacións abertas, novos paradigmas…

10.15-11.00 “Empresas preto de ti”

Igalia. Cooperativismo e software libre dende Galicia para o mundo.

Allenta. Roberto Moreda.

13.00-13.45 “Distintas fórmulas cara o éxito”

Ikusnet. Dani Armendáriz. Cooperación e horizontalidade en torno ao software libre.

e-Box. Nacho Correas. Na búsqueda de capital risco.

13.45-14.30 “100% software libre, pero _sen_ software”

Blobject. Alfredo Romeo.

Zemos98/Hapaxmedia. Felipe González e Rubén Díaz.

Tendo en conta o elevadísimo número de persoas que acudirán as diferentes sesións paralelas, é recomendable rexistrarse a través da web do evento.

III Día do Emprendedor: programa v0.9

Posted by javi vazquez on April 07, 2008

A pouco máis dun mes para o III Día do Emprendedor promovido polo IGAPE, dende AGASOL temos practicamente definido o programa. A versión 0.9 do mesmo sería a seguinte:

10.00-10.45 “Gurús da Rede”

Juan Freire. Emprendemento, organizacións abertas, novos paradigmas…

10.45-11.30 “Empresas preto de ti”

Igalia. Cooperativismo e software libre dende Galicia para o mundo.

Allenta. Roberto Moreda.

13.00-13.45 “Distintas fórmulas cara o éxito”

Ikusnet. Dani Armendáriz. Cooperación e horizontalidade en torno ao software libre.

e-Box. Nacho Correas. Na búsqueda de capital risco.

13.45-14.30 “100% software libre, pero _sen_ software”

Blobject. Alfredo Romeo.

Zemos98/Hapaxmedia. Felipe González e Rubén Díaz.

Nunhas semanas confirmaremos o horario definitivo e, tal vez, engadiremos algún invitado/a a maiores.

Modestia a parte ;), penso que o programa vale a pena, xa que conseguimos xuntar a morea de persoeiros con interesantes e amenas historias que compartir. Espero que vos guste.

Recordade, xoves 15 de maio en Santiago de Compostela, no Palacio de Congresos. Vémonos!

III Día do Emprendedor

Posted by javi vazquez on March 14, 2008

A petición do IGAPE, baixo o paraugas de AGASOL e a través de Igalia, estamos a preparar o itinerario de novos modelos de negocio para o III Día do Emprendedor, o 15 de maio en Santiago de Compostela.

A programación estámola a preparar entre o xerente de AGASOL -Luis Alberto-, eu mesmo e a inestimable axuda de Juan Freire, a quen invitamos a participar e nos está a dar un montón de boas suxerencias sobre posibles persoas/experiencias a invitar.

A idea xeral é formular unha xornada ao redor do Software Libre e as novas fórmulas de organización abertas e en rede, orientada o xoven e numeroso público, ofrecendo experiencias emprendedoras en primeira persoa, de maneira informal e cercana.

Nas 3-4 horas das que disporemos, optamos por unha división de 4 bloques ou slots, coa orientación seguinte:

—————————————————-
“Novos modelos de negocio: Emprendemento 100% Software Libre”
—————————————————-

1. “Gurús da rede”: Juan Freire, ¿invitado sorpresa?

Emprendemento, organizacións abertas, novos paradigmas… Aos bos xogadores, tipo Robinho, Messi e similares, lles deixamos liberdade e a ver que pasa 🙂

2. “Empresas preto de ti”: 2-3 empresas socias de AGASOL

15′ por empresa para explicar o seu caso particular: por que emprender, como o fixeron, por que en torno ao software libre, etc. Realidades cercanas e sinxelas, 100% dieta galega, sen aditivos.

3. “Distintas fórmulas cara o éxito”: Ikusnet, e-Box, ¿outra sorpresa?
Emprendemento social, capital risco, vender a empresa a… 🙂

Dani Armendáriz, de Ikusnet, explicaranos como é iso dunha SLL (Sociedade Limitada Laboral) formada por pequenas empresas ao longo de todo o Estado, son case tan raros coma Igalia 😉

Nacho Correas, de Warp/e-Box, o cal collín onte facendo as maletas para San Franciso (de novo :)), poderá contarnos a súa viaxe na búsqueda de capital risco.

E, ao mellor, incluimos unha sorpresa bomba a maiores…

4. “100% software libre, pero _sen_ software”: ¿?, ¿?, ¿?

Estamos a contactar con proxectos construídos ao redor da tecnoloxía, relacionamos tamén co mundo do SwL, pero non dirixidos ou creadas por enxeñeiros, para complementar a visión dos capítulos anteriores. Irémosvos actualizando ao respecto…

—————————————————-

Co obxectivo de recibir o voso feedback, a modo de construción colaborativa do programa, e tamén por ir acrecentando o interese neste III Día do Emprendedor, confío en que comentedes a vosa opinión a través do propio blog o no meu email –jvazquezATigaliaDOTcom-.

Vémonos o 15 de maio en Compostela!

AGASOL nos medios

Posted by javi vazquez on January 24, 2008

Dende a posta en marcha de AGASOL uns meses atrás, temos aparecido de forma recurrente no medios, sobre todo en radio e prensa escrita.

Estos días están a ser especialmente intensos, cunha reportaxe publicada en LaRegión (Ourense) e Atlántico Diario (Vigo) o domingo pasado, unha entrevista hoxe xoves para Onda Cero e unha última reportaxe para Expansión publicada na edición galega do periódico salmón do luns próximo.

Con todo, a actividade da Asociación segue adiante, agora mesmo embarcados na tarefa de sumar masa crítica aos grupos de traballo existentes, con 18 empresas asociadas actualmente.

Os grupos de traballo, ou comunidades de software libre, en torno os que estamos a agrupar empresas co obxecto de traballar de forma colaborativa ou, o que o mesmo, ofertar proxectos de forma conxunta, son as seguintes:

  • Software libre de intranet para xestión de servizos de rede
  • Software libre de xestión: ERP, CRM, ECM
  • Software libre de xestión de contidos: o CMS LAMP Typo3

Unha vez pechados os grupos de empresas, algo que faremos nas próximas 2-3 semanas, poderemos organizarnos de forma eficaz e optar ás oportunidades de negocio que xa temos sobre a mesa de AGASOL.

Todas aquelas empresas interesadas en sumarse a algún destes grupos, ou con ánimo para propor un novo, so teñen que dirixirse a nós a través do formulario de contacto da web da Asociación.

Axudas TIC 2008

Posted by javi vazquez on December 01, 2007

O pasado luns 26 tiven a ocasión de participar na inauguración das xornadas de sociedade da información organizadas por Aje Marineda, a asociación de xoves empresarios da Coruña, en representación de AGASOL.

O primeiro día destas xornadas estaba adicado ao software libre, contando coa participación de:

  • Marcos Abel, de Trabe Soluciones, quen deu unha charla sobre software libre perfectamente enfocada a empresarios non TIC.
  • Suso Baleato, de mancomun.org, quen presentou a iniciativa de ferrramentas de sofware libre para a PEME.
  • Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellería de Industria, quen nos adiantou as liñas de axuda TIC do ano 2008.

Sobor desto último, cabe destacar o cambio da liña de axudas TIC con respecto a anos anteriores. Se ben en 2007 xa existía unha maior intensidade de subvención e axuda a solucións TIC e proxectos baseados en software libre, en 2008 o compromiso será total: non se subvencionarán licenzas de software privativo de productos xenéricos coma ERPs, BBDD, CRMs e un longo etc.

Ainda que as bases das liñas de axuda están todavía pendentes de diversos trámites administrativos, se non me engana moito a memoria, os 5 millóns de euros das axudas TIC en 2008 repartiranse máis ou menos como segue:

  1. Infraestrutura interna das empresas. Melloras sustancias nos sistemas de información e conectividade de empresas TIC e non TIC. 0,75M €.
  2. Aplicacións informáticas para empresas non TIC. Implantación de aplicacións baseadas en código aberto xa desenvolvidas ou desenvolvementos a medida. 2,75M €
  3. Apoio ao desenvolvemento do sector TIC. Apoio a desenvolmento de novos proxectos TIC de código aberto. 1M €.
  4. Formación técnica e promoción do sector TIC. 0,5M €.

Sen dúbida, estas axudas están totalmente aliñadas co definido no PEGSI, e representan un apoio inequívoco da nosa administración a todas as empresas TIC adicadas ao software libre. Parabéns.

AGASOL e software libre para PEMEs: entrevista en Radio Voz

Posted by javi vazquez on November 05, 2007

Hoxe luns emitiuse no espacio para empresas de Radio Voz unha entrevista [ogg] (castelán) sobre AGASOL e a xornada de traballo Ferramentas Informáticas para PEMEs no que colaboramos con mancomun.org.

Como comentaba nun post anterior, a xornada de traballo será o primeiro paso para organizar e capacitar un grupo de empresas que oferten servizos sobre as aplicacións contidas neste DVD promovido pola Consellería de Industria e Innovación.

  • Posted in AGASOL
  • Meta Comments Off on AGASOL e software libre para PEMEs: entrevista en Radio Voz, permalink, rss