Blog en A Nosa Terra

Posted by javi vazquez on October 12, 2008

Despois de 8 ou 9 columnas de opinión fai uns meses, mudou parte do equipo de A Nosa Terra e despois dun tempo propuséronme pasar a ter un espacio propio en forma de blog.

Tardei un tempo en comenzar co mesmo, porque é o terceiro e tanto dar a tabarra na rede non é fácil :), pero dende o xoves está publicada a primeira entrada no meu blog en A Nosa Terra.

A temática do mesmo estará ao redor de Internet, canle universal de socialización á que son adicto e na que paso un montón de horas ao día, sexa no traballo ou no casa.

E falando de internet, de mércores a venres estarei en Barcelona no congreso, ou xuntanza, Sociedad Red, no que participan moitos dos bloggers e personaxes españois máis relevantes neste mundo noso de Interné, coma o noso amigo Juan Freire.

Espero aprender moito e facer algo de networking, xa vos contarei.

Microsoft, o abusón da clase, quere xogar cos outros nenos

Posted by javi vazquez on March 05, 2008

Nas miñas últimas columnas en A Nosa Terra, escribín acerca de temas relacionados con Microsoft.

No primeiro caso, xa fai varias semanas, sobre a oferta para comprar Yahoo. No segundo, sobre o anuncio da apertura dos seus produtos software, para garantir a interoperabilidade e a portabilidade de datos.

En fin, escribindo sobre Ballmer coma yahoo e as cousas de Redmond…

  • Posted in A Nosa Terra
  • Meta Comments Off on Microsoft, o abusón da clase, quere xogar cos outros nenos, permalink, rss

Ventás, ventanas, Windows

Posted by javi vazquez on January 18, 2008

No meu último artigo en A Nosa Terra, “O software libre, a ventá da industria europea“, cito as verbas da Comisaria Europa da sociedade da información falando sobre o software libre coma oportunidade para a industria de software europea, e o utilizo como base para citar as axudas TIC de Industria en Galicia.

Relendo o artigo, penso que non conseguín a adecuada identificación entre o que foron as Windows para a industria do software de USA, e o que pode ser a ventá de oportunidade para a europea. Un sinxelo xogo de palabras non ben aproveitado, unha mágoa. Un título tal vez máis axeitado:
O software libre, a(s) ventá(s) da industria europa do software.

Con todo, espero que vos guste.

Colaboración en ANosaTerra

Posted by javi vazquez on December 05, 2007

Hoxe mércores saiu na nova versión dixital e diaria da refundada A Nosa Terra, unha columna de opinión escrita por min ao redor das TIC e a educación.

Nativos dixitais no forar, inmigrantes dixitais na escola, así como posibles colaboracións futuras, están e estarán escritas e firmadas unicamente por min, “javivázquez”, máis aló de Igalia, a empresa da que sou socio, ou AGASOL, a asociación de empresas da que son actualmente presidente.

Ainda que a través deste blog expreso opinións persoais que non teñen porque coincidir coa visión corporativa de Igalia ou AGASOL, no referente a miña colaboración presente e futura con A Nosa Terra, preferín separar totalmente (ata onde é posible, tendo en conta que eu son igalio polos catro costados) a “profesión e rol” da “persoa”.

Polo demáis, dicir que na presentación da nova etapa do semanario e o novo diario dixital, coincidente co cen aniversario e celebrada no auditorio Caixanova en Vigo, a visión expresada tanto polo director da publicación coma polos membros do consello de dirección da empresa, pasa por achegar A Nosa Terra a todos os galegos, alexándoa dun perfil ou nicho político determinado.

Gústame esa visión galeguista e integradora, Nosa, de aunar e sumar, penso que pode ser un ha boa fórmula para informar e opinar en galego dende Galicia para o mundo, e por ese motivo súmome, moi honrado, ao proxecto.