AGASOL, mancomun e software libre para PEMEs

Posted by javi vazquez on October 30, 2007

O próximo mércores 7 de novembre celébrase en Santiago de Compostela unha xornada de traballo sobre software libre para PEMEs organizada por mancomun.org.

A miña participación nesta xornada pasa polo inicio formal da colaboración da Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre (AGASOL) coa administración galega.

Como presidente de AGASOL, compartirei mesa redonda con Helena Veiguela, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, da Consellaría de Innovación e Industria; e Francisco Rodríguez, membro do Grupo de Investigación de Ferramentas Abertas de Xestión Empresarial da ESEI de Ourense, da Universidade de Vigo.

O obxectivo desta xornada de traballo non é outro que iniciar un proxecto de repositorio de software libre destinado ás PEMEs galegas, contido como fórmula de promoción nun DVD apoiado, promovido e distribuido pola Xunta de Galicia.

Ademáis do propio software contido no DVD, sobre o cal falaremos durante a xornada, é necesario o compromiso e capacitación de empresas TIC galegas que poidan dar soporte ao mesmo, co fin último de implantar estas solucións no empresariado non TIC galego, mellorando a súa productividade e capacidade de innovación.

Se somos capaces de articular a colaboración de ‘n’ empresas TIC orientadas ás PEMES, para ofertar servizos sobre un paquete estándar de aplicacións e solucións de software libre, poderemos desenvolver un modelo de canal típico do mundo do software, onde:

  • O fabricante de sofware non é único, senón que se corresponde cos diferentes desenvolvedores das aplicacións e solucións libres.
  • O apoio de marketing e distribución ven dado non polo fabricante, senón pola administración pública galega.
  • O canal de implantadores, integradores e consultores está formado por empresas galegas de servizos TIC interesadas no software libre.

O papel de AGASOL non é outro que servir de interlocutor válido ante a administración nesta iniciativa, colaborando de forma directa co resto de asociacións TIC e contribuindo a articulación do modelo de forma sostible.

Eso si, a xornada de traballo do próximo mércores 7 de novembro non é máis que o primeiro paso para debater sobre as aplicacións a incluir e conseguir a masa crítica de empresas mínima necesaria.

Espero encontrarme alí co maior número posible de empresas de servicios TIC orientadas ás PEMEs, ben traballen agora con software libre ou privativo.

  • Posted in AGASOL
  • Meta Comments Off on AGASOL, mancomun e software libre para PEMEs, permalink, rss

Inicio do Master de Software Libre

Posted by javi vazquez on October 24, 2007

O pasado venres 19 de outubro comezou o Master de Software Libre, promovido pola Obra Social de Caixanova e no que colaboramos nós –Igalia– e a xente do grupo Libresoft da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid.

Neste primeiro ano do Master, optouse por contar cun grupo moi reducido de alumnos, o cal permita ofrecer unha experiencia académica e práctica de alta calidade, sobre todo con vistas a garantir o éxito da primeira edición mentres imos xa planificando e preparando as seguintes.

A participación no comité asesor de persoeiros tan relevantes coma Miguel de Icaza (Novell, GNOME), Richard Stallman (FSF), Bdale Garbee (HP, Debian GNU/Linux), Alberto Abella (CENATIC, libroblanco) ou Carlos Guerreiro (Nokia, Maemo) garanten a validez do enfoque deste programa de postgrado, orientado a integrar aos participantes nas dinámicas da comunidade do software libre.

Nos próximos meses, vos iremos confirmando as datas exactas nas que os membros do comité asesor van visitar Galicia para compartir, por unha banda, unhas horas en clase cos alumnos, e por outra tamén con todos os interesados no mundo do software libre a través de conferencias abertas.

Grazas a todos polo alto interese mostrado neste primeiro Master presencial de Software Libre dende Galicia para o mundo, o cal confiamos en consolidar como a oferta de referencia de postgrado en software libre nos próximos anos.