Inicio do Master de Software Libre

Posted by javi vazquez on October 24, 2007

O pasado venres 19 de outubro comezou o Master de Software Libre, promovido pola Obra Social de Caixanova e no que colaboramos nós –Igalia– e a xente do grupo Libresoft da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid.

Neste primeiro ano do Master, optouse por contar cun grupo moi reducido de alumnos, o cal permita ofrecer unha experiencia académica e práctica de alta calidade, sobre todo con vistas a garantir o éxito da primeira edición mentres imos xa planificando e preparando as seguintes.

A participación no comité asesor de persoeiros tan relevantes coma Miguel de Icaza (Novell, GNOME), Richard Stallman (FSF), Bdale Garbee (HP, Debian GNU/Linux), Alberto Abella (CENATIC, libroblanco) ou Carlos Guerreiro (Nokia, Maemo) garanten a validez do enfoque deste programa de postgrado, orientado a integrar aos participantes nas dinámicas da comunidade do software libre.

Nos próximos meses, vos iremos confirmando as datas exactas nas que os membros do comité asesor van visitar Galicia para compartir, por unha banda, unhas horas en clase cos alumnos, e por outra tamén con todos os interesados no mundo do software libre a través de conferencias abertas.

Grazas a todos polo alto interese mostrado neste primeiro Master presencial de Software Libre dende Galicia para o mundo, o cal confiamos en consolidar como a oferta de referencia de postgrado en software libre nos próximos anos.

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.

  1. tonio Wed, 24 Oct 2007 11:03:33 CEST

    Master ao cal non podo acudir igual que moita outra xente debido ao horario no que se decidiu impartir, penso que non se pensou na xente que esta incorporada ao ámbito laboral; as explicacións poden ser moitas, un horario extenso, profundidade e amplitude nos temas a tratar,… o que sexa pero tamén hai moitas opcións para solventar os problemas como pode ser a posibilidade de impartir o master a través da rede, ou en fins de semana acoplando o mellor algún venres… non sei posibilidades diversas. O caso e que me da unha rabia non asistir…

    Nada sorte aos afortunados e que compartan o aprendido cos que non podemos ir.
    Saude e Saudos!!!

  2. tonio Wed, 24 Oct 2007 11:12:04 CEST

    Ostras!!! retiro o dito, non lera a segunda nova que esta seguindo a esta, Joder resulta que se cambiou o formato do Master e eu non me enterei!!!!!!!!! Cagon to!!! ando parvo…

    Ben unha boa nova, esperarei para o ano que ven…

    Ala vou traballar haber se espabilo que falta me fai… mira que pasarseme iso!!

  3. jvazquez Wed, 24 Oct 2007 11:23:49 CEST

    Ola Tonio!,

    sinto moito que non te enteraras do cambio.

    Fíxose en base ás peticións recibidas, especificamente para permitir a asistencia de xente xa traballando e que non puidera facer unha “parada no camiño” para asistir a un postgrado a tempo completo.

    A próxima edición podería ser que volveramos o formato pensado inicialmente, orientado a recén titulados ou xente que quere dar un salto na súa carreira profesional cara o mundo do software libre e pode permitirse deixar de traballar un ano académico para facer un postgrado.

    En calquera caso, este tema definirase nos primeiros meses do ano que ven, así que terás tempo para evaluar a túa partipación na segunda edición.

    Grazas en calquera caso polo interese!

    un saúdo

  4. tonio Wed, 24 Oct 2007 12:11:57 CEST

    Non home grazas a vós por permitir ter a posibilidade de facer un master dentro do territorio galego.

    Pero sigo pensando que sería discriminatorio plantexar o master só para as persoas que teñen a posibilidade de deixar o traballo nada mais e nada menos que ¡un ano!. Eu por exemplo só teño pendente o PFC para terminar a miña carreira de informática pero xa estou traballando e nunha situación similar a miña hai moita xente e penso eu que non todos estan dispostos ou estamos dispostos a deixar o traballo un periodo de tempo tan longo para facer un master, por moito ‘salto profesional’ que che poida inquerir a obtención dun master; en tanto en canto a impartición de dito master se pode levar a cabo de forma que todos/as poidamos ter a posibilidade de cursalo por exemplo co novo formato que se adoptou así como outros formatos e/ou opcións similares para cursar dito master.

    Ben, en todo caso estarei atento (desta vez sí) a como evoluciona a cousa para o ano que ven.
    Seguirei a túa bitácora para estar informado.
    Saudos e Saude!!