Colaboración en ANosaTerra

Posted by javi vazquez on December 05, 2007

Hoxe mércores saiu na nova versión dixital e diaria da refundada A Nosa Terra, unha columna de opinión escrita por min ao redor das TIC e a educación.

Nativos dixitais no forar, inmigrantes dixitais na escola, así como posibles colaboracións futuras, están e estarán escritas e firmadas unicamente por min, “javivázquez”, máis aló de Igalia, a empresa da que sou socio, ou AGASOL, a asociación de empresas da que son actualmente presidente.

Ainda que a través deste blog expreso opinións persoais que non teñen porque coincidir coa visión corporativa de Igalia ou AGASOL, no referente a miña colaboración presente e futura con A Nosa Terra, preferín separar totalmente (ata onde é posible, tendo en conta que eu son igalio polos catro costados) a “profesión e rol” da “persoa”.

Polo demáis, dicir que na presentación da nova etapa do semanario e o novo diario dixital, coincidente co cen aniversario e celebrada no auditorio Caixanova en Vigo, a visión expresada tanto polo director da publicación coma polos membros do consello de dirección da empresa, pasa por achegar A Nosa Terra a todos os galegos, alexándoa dun perfil ou nicho político determinado.

Gústame esa visión galeguista e integradora, Nosa, de aunar e sumar, penso que pode ser un ha boa fórmula para informar e opinar en galego dende Galicia para o mundo, e por ese motivo súmome, moi honrado, ao proxecto.

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.