Axudas TIC 2008

Posted by javi vazquez on December 01, 2007

O pasado luns 26 tiven a ocasión de participar na inauguración das xornadas de sociedade da información organizadas por Aje Marineda, a asociación de xoves empresarios da Coruña, en representación de AGASOL.

O primeiro día destas xornadas estaba adicado ao software libre, contando coa participación de:

  • Marcos Abel, de Trabe Soluciones, quen deu unha charla sobre software libre perfectamente enfocada a empresarios non TIC.
  • Suso Baleato, de mancomun.org, quen presentou a iniciativa de ferrramentas de sofware libre para a PEME.
  • Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellería de Industria, quen nos adiantou as liñas de axuda TIC do ano 2008.

Sobor desto último, cabe destacar o cambio da liña de axudas TIC con respecto a anos anteriores. Se ben en 2007 xa existía unha maior intensidade de subvención e axuda a solucións TIC e proxectos baseados en software libre, en 2008 o compromiso será total: non se subvencionarán licenzas de software privativo de productos xenéricos coma ERPs, BBDD, CRMs e un longo etc.

Ainda que as bases das liñas de axuda están todavía pendentes de diversos trámites administrativos, se non me engana moito a memoria, os 5 millóns de euros das axudas TIC en 2008 repartiranse máis ou menos como segue:

  1. Infraestrutura interna das empresas. Melloras sustancias nos sistemas de información e conectividade de empresas TIC e non TIC. 0,75M €.
  2. Aplicacións informáticas para empresas non TIC. Implantación de aplicacións baseadas en código aberto xa desenvolvidas ou desenvolvementos a medida. 2,75M €
  3. Apoio ao desenvolvemento do sector TIC. Apoio a desenvolmento de novos proxectos TIC de código aberto. 1M €.
  4. Formación técnica e promoción do sector TIC. 0,5M €.

Sen dúbida, estas axudas están totalmente aliñadas co definido no PEGSI, e representan un apoio inequívoco da nosa administración a todas as empresas TIC adicadas ao software libre. Parabéns.

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.