AGASOL nos medios

Posted by javi vazquez on January 24, 2008

Dende a posta en marcha de AGASOL uns meses atrás, temos aparecido de forma recurrente no medios, sobre todo en radio e prensa escrita.

Estos días están a ser especialmente intensos, cunha reportaxe publicada en LaRegión (Ourense) e Atlántico Diario (Vigo) o domingo pasado, unha entrevista hoxe xoves para Onda Cero e unha última reportaxe para Expansión publicada na edición galega do periódico salmón do luns próximo.

Con todo, a actividade da Asociación segue adiante, agora mesmo embarcados na tarefa de sumar masa crítica aos grupos de traballo existentes, con 18 empresas asociadas actualmente.

Os grupos de traballo, ou comunidades de software libre, en torno os que estamos a agrupar empresas co obxecto de traballar de forma colaborativa ou, o que o mesmo, ofertar proxectos de forma conxunta, son as seguintes:

  • Software libre de intranet para xestión de servizos de rede
  • Software libre de xestión: ERP, CRM, ECM
  • Software libre de xestión de contidos: o CMS LAMP Typo3

Unha vez pechados os grupos de empresas, algo que faremos nas próximas 2-3 semanas, poderemos organizarnos de forma eficaz e optar ás oportunidades de negocio que xa temos sobre a mesa de AGASOL.

Todas aquelas empresas interesadas en sumarse a algún destes grupos, ou con ánimo para propor un novo, so teñen que dirixirse a nós a través do formulario de contacto da web da Asociación.

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.