Eventos TIC da semana que ven en Galicia

Posted by javi vazquez on December 12, 2006

Ultimamente case tódalas semanas son “festa” en Galicia, no referido ó mundo das TIC.

Tralo anuncio do PEGSI, a asamblea da Plataforma Tecnolóxica TIC e a mesa de validación do propio PEGSI, a semana que ven terá tamén alo menos dous importantes eventos relacionados coa Sociedade da Información e o Software Libre.

Por un lado, o luns preséntase no CESGA O software Libre nas entidades de Galiza, informe no que se recolle o estado actual do Software Libre nas PEME, empresas informáticas, administracións locais e centros de ensino non universitario. Participan na presentación:

  • Antonio Pérez Casas, asesor para a sociedade da información do conselleiro de Innovación e Industria.
  • Javier García Tobío, director do CESGA.
  • Salustiano Mato, director xeral de Investigación e Desenvolvemento.

O martes, 19 de decembro, preséntase no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela o Plan Galego de I+D+i 2006-2010.

Lamentablemente, non poderei estar no primeiro, ó ter o mesmo día a asamblea xeral en Igalia, pero si no segundo.

Nós temos un proxecto de I+D+i aprobado para 2006-2007 e subvencionado ó 50%, dentro do propio Plan, chámase GNOME Handhelds.

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.