PEGSI: O futuro da Sociedade da Información en Galicia

Posted by javi vazquez on November 30, 2006

Baixo o que podería parecer o nome doutro refrixerio de cola, agóchase a iniciativa máis relevante do novo Goberno Galego con respecto ó desenvolvemento da Sociedade da Información no País: Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI).

O 15 de novembro presentouse ante os medios de comunicación, nun acto a que tiven a sorte de asistir como invitado xusto antes de marchar cara a Extremadura, o avance do PEGSI.

No acto presentábase a web do proxecto, co diagnóstico e os comentarios xerais sobre a situación da Sociedade da Información en Galicia, cuns indicadores que mostran a situación de vagón de cola no que estamos en España e Europa. Partimos dunha situación de clara desventaxa e, polo tanto, temos que ir máis rápido que os demáis para pornos a súa altura.

Con respecto ó sector TIC, chamoume a atención que o 80% do negocio das empresas TIC galegas dase no propio País, sendo case o 50% proporcionado pola propia Xunta. É dicir, somos un mercado de autoconsumo liderado pola Administración Pública.

Onte, 29 de novembro, participei como secretario de EGANET nunha mesa de validación da versión preliminar do PEGSI, a referida ó mercado TIC. Había xente de tódalas Universidades, asociacións de enxeñeiros en informática e telecomunicacións, asociacións de empresas (AETIC, EGANET, INEO, Agestic), e outras empresas relevantes como Microsoft, Telefónica, Tecnocom (antes Softgal), Coremain ou Soluziona (Indra).

En xeral, o PEGSI marca uns obxectivos ambiciosos, con indicadores relativos ó desenvolvemento do mercado empresarial TIC coma:

  • Porcentaxe do mercado TIC do Estado correspondente a Galicia, o cal pasaría do 2,3% actual a un 6% no escenario optimista de 2010.
  • Peso do sector TIC no PIB galego, o cal dobraríase en 4 anos, dende o 3,4% actual o 7% en 2010.
  • etc.

Ademáis, o Software Libre é unha ferramenta importante no Plan, sobre no tocante a interoperabilidade, difusión da sociedade da información, plataformas tecnolóxicas e desenvolvemento do sector TIC.

Aínda que o comentario xeral foi de aplaudir a iniciativa e o traballo destes oitos meses, dende a empresa privada acolleuse con recelo, tanto a ambición dos obxectivos como a aposta polo Software Libre como ferramenta. O feito de que o representante de Microsoft fora o primeiro en intervir, por mera coincidencia, acendeu o debate Software Libre versus software privativo.

Sen entrar en agrias polémicas coa maioría das empresas TIC galegas, con modelos de negocio absolutamente respetables e, nalgún caso moi particular, incluso reseñables sendo de software privativo, a miña intervención insistou en que a Administración non pode ser neutral ante o desenvolvemento da Sociedade da Información, igual que non é ante a discriminación da muller no ámbito laboral ou ante o desenvolvemento sostíbel.

A Xunta debe tomar partido, porque non facelo implica condenar o futuro da nosa cidadanía. Por elo, aplaudín a o PEGSI, aínda que na miña opinión debería ter unha aposta incluso maior polo Software Libre, promovendo un modelo de sociedade contruída en torno ó coñecemento libre, e que basee o seu avance na innovación partindo da colaboración, copiando o exitoso modelo das comunidades de Software Libre.

Como punto moi positivo a ter en conta, o PEGSI é unha iniciativa non só da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información (Consellería de Industria), senón tamén doutras consellerías coma Traballo ou Presidencia, as cales estaban tamén presentes nas mesas de validación.

Por fin algo se está a mover en Galicia, e non podemos senón estar alegres e ilusionados. Eso si, o papel o aguanta todo, pero seremos nós (os galegos) os únicos responsables de traballar para cumplir cos obxectivos.

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.

  1. Rubén Dopico Mon, 25 Dec 2006 21:33:58 CET

    Ola,
    Antes de nada, e para non crear confusións co meu comentario, adicar os meus eloxios a toda iniciativa que motive a administración pública a valorar con igualdade as solucións aportadas tanto polo software libre como polas empresas privadas.

    Sen embargo, non poido estar mais en desacordo coa frase “… maioría das empresas TIC galegas, con modelos de negocio absolutamente respetables…”

    Fun traballador de varias TIC galegas, teño amigos traballando en varias delas, e a verdade, polo menos aquelas que se poden considerar punteiras ou modelos polos seus beneficios anuais (vexase Softgal/Tecnocom, Altia, …) distan de ter un modelo de negocio que se poida considerar como “exemplar”.

    Casos como Softgal gostan de exhibir pegatinas como as da ISO ou CMM, as cales non son máis que o resultado de capas e capas de maquillaxe sobre proxectos puntuais, que non son en ningún caso unha mostra real da calidade dos productos que soen entregar.

    Estas empresas non teñen ningún respeto polos seus clientes, nin pola profesión á que deben os seus beneficios. O seu único obxectivo é o alcanzar unha cifra anual, sexa como sexa. E para alcanzar este obxectivo non dubidan en contratar xente con salarios ínfimos e facelos traballar horas extras sen compensación algunha. Esto, en primeiro lugar, conduce a unha desvaloración da nosa profesión, xa que nunca se vai poder establecer deste modo unha relación directa entre o esforzo necesario para resolver un problema e os cartos que custa.

    En moitos casos, a formación do persoal baséase na experiencia e en incontables horas de búsqueda en foros, etc…, e non en planes de desenrolo específicos. Por iso, a maior parte das solucións entregadas a clientes son extremadamente complexas e custosas de manter e ampliar.

    É posible que a miña palabra non sexa unha fonte fiable. Pero seguramente si o sexan as moitas opinións volcadas en sitios como http://www.trabajobasura.com, as cales debuxan con claridade o auténtico retrato do modelo de negocio empregado polas TICs do noso pais. E por desgracia, non hai moitos piropos nesas declaracións…

  2. Rubén Dopico Mon, 25 Dec 2006 22:04:25 CET

    Sintoo, pero necesito continuar a mensaxe que publiquei hai un anaco…

    Resulta que cun modelo empresarial tan “exemplar” coma o retratado na miña anterior mensaxe, vexo difícil que a administración pública se poida involucrar nunha tarefa tan encomiable como é a de dar o recoñecemento debido ó software libre. Sobre todo porque supoño que aparte de que faga unha aposta sobre este software, tamén se lle pediría que deixase caer algunha subvención para fomentar o uso deste software, ou proxectos de I+D relacionados con software libre.

    Por desgracia, outra cousa que estou cheo de ver é como as empresas se enchen a solicitar subvencións por proxectos de I+D que finalmente non realizan, e que en moitos casos cobran. Podiamos dicir que “a culpa e da administración, que non controla estas situacións”, pero realmente, os que estan a malversar estas subvencións son as empresas solicitantes.

    O feito de tratar con empresas de tan baixa catadura debería obligar á administración a realizar inspeccións continuamente sobre as empresas que solicitan unha subvención deste tipo. E non simplemente inspeccións realizadas por profanos, senón por personal técnico que pudiese descubrir casos sangrantes coma o de cambiar o aspecto dunha aplicación “open-source” e chamarlle a iso “proxecto I+D para o desenrolo dunha plataforma de creación de portais web”.

    Por desgracia, non se queren dar os medios necesarios para resolver situacións coma a descrita. De modo que ó final, nos veremos avocados a ver como se malgastan cartos en proxectos “fantasma”, para finalmente rematar có grifo pechado, e cunha perda de fe total e absoluta no software libre e familia.

    Pode parecer unha conclusión algo catastrofista, pero xa se empeza a falar mal de LinEx, e dos poucos froitos que deu un desembolso tan grande coma o feito pola administración extremeña neste proxecto.

    En fin, temos o que nos merecemos…

  3. jvazquez Wed, 10 Jan 2007 19:01:40 CET

    Ola Rubén!,

    en primeiro lugar, desculpa que os teus comentarios pasaran máis de dez días na cola de moderación. A verdade, non me decatei ata hoxe mesmo de que estaban pendentes.

    En calquera caso, dicir que concordo contigo parcialmente. É dicir, penso que a maiorías das “consultoras TIC” desnaturalizan o producto a vender, co resultado citado por ti mesmo.

    Cando a actividade económica dunha compañía redúcese a por unha persoa nun posto a menor custe que outra, a empresa deixa de ser unha empresa de informática para converterse nunha ETT que non sabe coordinar nin desenvolver proxectos de software, senón xestionar CVs e facturar por eles.

    Non concordo contigo na mensaxe catastrofista sobor do futuro do Software Libre por culpa da Administración ou as emprsas.

    O Software Libre é un movemento global, afectado coma todas pola relacións coas compañías que desenvolven o seu negocio ó redor do mesmo, pero que non depende do éxito ou catadora moral delas, senón da Comunidade ó completo. A ética do movemento mundial de Software Libre está por riba de calquera individuo ou empresa.

    O Software Libre é unha creación colectiva, social e tecnolóxica; é unha innovación rupturista no modo de desenvolver e compartir tecnoloxía (coñecemento); é unha ferramenta para sustentar o desenrolo dunha sociedade diferente, baseada na colaboración ó redor da innovación.

    O que é indiscutible, coma ti ben dis, é que temos e teremos o que nos merecemos. O que hai xa o sabemos, o que está por vir depende de todos nós.