Estes últimos días estiven moi atarefado, xa que o pasado fin de semana comezou a primeira edición do Master en Software Libre de Caixanova no que teño o papel de encargarme de que todo funcione e arranxar os problemas organizativos que vaian xurdindo.
A miña impresión destas primeiras sesións de venres e sábado, nas que os profesores da Universidade Rey Juan Carlos encargaronse da docencia, son que contamos cun grupo de alumnos multidisciplinar e cun interés salientable polo Software Libre.
Na presentación estivo presente Ismael Faro, responsable da área de Novas Tecnoloxías da Obra Social de Caixanova, e teño que agradecerlle a súa implicación persoal para que este proxecto saíra adiante, así coma tódalas facilidades proporcionadas tanto dende Caixanova como dende a Escola de Negocios de Caixanova.
Nesta primeira sesión Jesús González Barahona fixo unha introducción maxistral sobre que é o free software/libre software/open source, e os puntos de vistas dos alumnos sobre o que entendían sobre o término foron moi interesantes e pouco desencamiñadas. Tras este inicio e asegurarme que Jesus non perdía o avión de volta en Alvedro, cheguei ao final da sesión de Israel Herraiz que continuou o sábado pola maña explicando o funcionamento da plataforma de formación (moodle) e a forxa que se vai utilizar para xestionar a asignatura de Introducción ao Software Libre.
Os alumnos xa están collendo rápidamente os hábitos de traballo na comunidade na lista de correo, e collendo o hábito de empregar a lingua franca no Software Libre que é o inglés.
One thought on “Comezo do Master en Software Libre”
Comments are closed.