Premio PFC Sw Libre: unha FAQ

Posted by admin on June 18, 2008

O primeiro post deste blog debe ser necesariamente explicativo, é por iso que empezamos publicando unha FAQ, as nosas razóns para levar a cabo este evento.

¿Por qué este premio?

Co Premio ó Mellor Proxecto Fin de Carreira (PFC) con Software Libre pretendemos fomenta-lo coñecemento do Software Libre entre os estudantes universitarios galegos, ó tempo que se visibiliza o traballo que xa se está facendo na universidade neste eido.

O obxectivo que nos motiva é que moitos dos PFCs que se presentan cada ano nas diferentes escolas e facultades de Galicia sexan desenvolvidos como Software Libre, premiando o mellor deles con 1,000 €.

¿Quen pode participar?

Descripción xeral

O concurso consiste na presentación e desenvolvemento dun PFC que cree un novo proxecto de Software Libre ou ben mellore un existente, utilizando unha implementación libre de calquera linguaxe de programación.

Requisitos para a participación

  1. Os concursantes deberán estar matriculados nalgunha das tres universidades galegas e os seus PFCs deberán ser defendidos, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias (ordinaria ou extraordinaria) do ano académico 2007/2008 (entre febreiro e outubro do 2008).
  2. O código deberá estar baixo calquera das licencias de software libre así consideradas pola Free Software Foundation (FSF) ou a Open Source Initiative (OSI).

Cómo participar no evento

Criterios de avaliación

  1. Calidade do proxecto: deseño e implementación.
  2. Nivel de actividade pública do traballo. Valorarase a publicación continúa do traballo e resultados que se vaian acadando, sexa utilizando as listas de correo dun proxecto existente, as da forxa de mancomun.org ou calquera outro medio web, coma por exemplo blogs persoais.

Premio

Concederase un único Premio de 1,000 €. Se o xurado o considera adecuado, podería ser entregado un accésit de 500 €.

O Premio poderá ser declarado deserto no caso de que ningún dos presentados reuna a calidade mínima necesaria.

Calendario

Período de inscripción: ata o 31 de outubro de 2008.

Resolución e entrega:

Realizarase no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC, en Santiago de Compostela, durante a segunda semana de novembro de 2008 (data exacta por confirmar).

Xurado

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.

  1. […] Como xa sabedes, nos requisitos para a participación no premio explicítase que para inscribir un PFC no concurso, é necesario: […]

  2. […] Estamos na fase final do Premio ó mellor PFC de Sw Libre, só queda un mes para que se cerre o plazo de inscripción. […]

  3. […] Posted by amaneiro on November 10, 2008 Unha vez pechado o proceso de inscripción no premio, de todos os interesados e pre-inscritos, finalmente os finalistas son: […]

  4. […] De cara á resolución final, e como se publicou previamente nas bases, tívose en conta tanto os aspectos técnicos do proxecto como os de comunidade e actividade pública. […]