Resolución do Premio ó mellor PFC de Sw Libre
O mércores 12 pola tarde realizouse o evento de resolución do premio. O xurado, estivo conformado polos 3 decanos/directores das facultades de informática galegas: Antonio Mosquera pola ETSE da USC (e anfitrión desta edición), Alberto Valderruten pola FIC da UdC, Enrique Barreiro pola EI da UVigo; Suso Baleato como coordinador de Mancomún, Centro de Referencia e Servizos de Sw Libre a nivel galego; Javier Vázquez e eu mesmo (Andrés Maneiro) por parte de Igalia.
- Aspectos técnicos: a condición de Matrícula de Honra do PFC presentado.
- Actividade pública: integración do PFC cun proxecto existente como gvSIG como extensión non oficial.
Porén, o xurado decidiu conceder o Accésit (cunha dotación de 500€) a Orlando García Feal co proxecto Katmus.
Finalmente, e debido á calidade do proxecto presentado, o xurado decidiu outorgar unha Mención de honra (sen dotación económica) non contemplada ó inicio, a Diego Pérez Montes polo proxecto ASTRA.
[Na foto, Diego Pérez, Orlando García e Miguel Álvarez]
Finalmente, só queremos felicitar a todos os participantes polo gran esforzo realizado nos seus PFC.
Esperamos que o modesto impulso que é o premio contribuíse ós obxectivos que nos marcamos ó comezo:
- Pór en valor o traballo realizado polos estudantes, amosando que é posible realizar PFC con software libre, ben sexa aportando novas funcionalidades a un proxecto existente ou lanzando un propio.
- Aumentar o coñemento do funcionamento das comunidades de software libre na comunidade universitaria a través da guía que fomos elaborando ó longo de todos estes meses.
Gracias a todos por conectarvos connosco.
Trackbacks
Trackbacks are closed.
ehhhhhhhhhhhhhhhhhhhh!
Que la ultima foto es plagio de mi blog y es propietaria!!! xDD
(es broma…. como se entere la SGAE)
Muchas gracias 🙂
Noraboa de novo polo gran traballo realizado Miguel 🙂