Cómo dar de alta o proxecto no premio
Como xa sabedes, nos requisitos para a participación no premio explicítase que para inscribir un PFC no concurso, é necesario:
- Inscribirse no formulario que temos habilitado
- Dar de alta o proxecto na forxa de mancomún.
Para facilitar a tarefa de dar de alta un proxecto na categoría , publicamos no blog os seguintes mini-howto visuais realizados pola xente de mancomún.
Os pasos a realizar para dar de alta o proxecto na forxa de mancomún son os seguintes:
- Darvos de alta como usuario [PNG] [PDF]
- Rexistrar o voso PFC na forxa [PNG] [PDF]
- Rexistrar o PFC na categoría Premio ó mellor PFC con SwL (ano 2008) [PNG] [PDF]
Existen varios manuais e guías visuais na forxa de mancomún para introducirse no uso da forxa. Esperamos que vos sexa de axuda todo ese material.

Trackbacks
Use this link to trackback from your own site.
