A xestión do copyright

Posted by admin on July 03, 2008

No post anterior, explicabamos os conceptos básicos a ter en conta á hora de elexir unha licencia. Neste, pretendemos explicar os distintos modos de xestión do copyright nun proxecto de software libre.

En primeiro lugar, hai que dicir que o copyright e a licencia son cousas distintas. Como xa dixemos, a licencia é o mecanismo legal mediante o que o autor declara qué dereitos sobre o programa proporciona ó usuario. Porén, o copyright é o mecanismo legal polo que se indica a quen pertencen os dereitos de explotación do código.

As principais implicacións de ter ou non o copyright:

  • Decidir sobre os cambios/asignación de licencia.
  • Manter os dereitos de explotación do software (é dicir, as posibles ganancias pola venda de licencias do programa repercutirán sobre os axentes que manteñan o copyright).

A efectos legais, pódese dicir que manter o copyright do código significa ser o propietario do mesmo.

É por esta razón, que existen proxectos e comunidades de software libre, que á hora de participar, esixen que se lles ceda o copyright. Éste é o caso, por exemplo, do proxecto Apache, da Free Software Foundation e de MySQL.

A xestión do copyright ten importantes implicacións legais, pero tamén económicas e sociais. Imos tratar de resumilas a continuación.

IMPLICACIÓNS LEGAIS: o caso Apache e FSF

Dende o punto de vista legal, que o copyright sexa dun só axente (Apache ou a FSF) simplifica o proceso relicenciamentos futuros, facilitando asimesmo afrontar procesos legais futuros (xa que grandes institucións como a FSF poder ter máis recursos económicos para afrontar un proceso legal). Así o xustifican tanto a Apache Software Foundation:

The purpose of this agreement is to clearly define the terms under which intellectual property has been contributed to the ASF and thereby allow us to defend the project should there be a legal dispute regarding the software at some future time.

como a Free Software Foundation:

In order to make sure that all of our copyrights can meet the recordkeeping and other requirements of registration, and in order to be able to enforce the GPL most effectively, FSF requires that each author of code incorporated in FSF projects provide a copyright assignment

Pero máis alá das implicacións legais, existen tamén fortes motivacións económicas que sustentan a práctica de cesión de copyright.

IMPLICACIÓNS ECONÓMICAS: o caso MySQL

Dende o punto de vista económico, podemos decir que a cesión do copyright sustenta unha das formas en que unha compañía pode gañar diñeiro con software libre: o licenciamento dual. O exemplo canónico de este modelo é a empresa MySQL AB.

MySQL AB é unha empresa finlandesa que desenvolve a base de datos MySQL. Esta base de datos ten a licencia GPL, con todo o que iso supón: pódese usar e modificar libremente, pero non se poden realizar productos cerrados a partir dun código gpl.

De todos modos, MySQL AB entende que existen certos axentes que desexan realizar productos propietarios a partir da súa base de datos. É por isto, que ademáis de licenciar a base de datos coa licencia GPL, tamén a licencia coa MySQL Comercial License.

Tal e como o explican dende MySQL:

MySQL is the owner and copyright holder of the entire MySQL product, whereas Linux does not have one single entity as a copyright holder. This makes the MySQL Dual Licensing model possible.

The MySQL users benefit from this in the form of further product development financed by MySQL (with currently over 80 developers on MySQL’s payroll). While MySQL has developed most of the MySQL database itself, and continues to do so, MySQL also wants to simplify the processes for contributors to MySQL.

Deste xeito, para concluir, podemos decir que o licenciamento dual que MySQL usa, non sería posible (ou sería moi complexo realizalo) se os participantes da comunidade non cedesen o seu copyright á empresa.

IMPLICACIÓNS SOCIAIS: o caso GNOME e KDE

Por último, veremos cómo a xestión do copyright afecta á participación na comunidade estudiando os proxectos GNOME e KDE, que son dous dos principais escritorios de software libre. Estudiando o copyright de ambos proxectos, podemos observar distintos patróns de participación nas 2 comunidades.

Na seguinte figura móstrase o porcentaxe de liñas de código asociadas a cada tipo de participante (desenvolvedor particular, universidade, empresa, fundación ou grupo de desenvolvemento).

copyright: gnome VS kde

A diferencia máis reseñable entre ambos proyectos é que:

o porcentaxe de código debido ás empresas é 3 veces maior en GNOME que en KDE

    Esto pode ser debido a que as librerías principais de KDE (Qt) teñen o copyright da empresa Trolltech, mentres que as de GNOME (GTK) teñen o copyright da Fundación GNOME e dos desenvolvedores individuais. Esta característica pode ser a razón principal da reticencia de participación de outras empresas no proxecto KDE.

    Así, vemos cómo que o copyright sexa de autores individuais, dunha Fundación (organización sen ánimo de lucro) ou de unha empresa pode facer variar tamén o índice de participación dos distintos axentes.

    Concluíndo, vimos ó longo deste post, cómo a xestión do copyright -xunto coa adecuada elección da licencia– conforman aspectos claves para a evolución do proxecto, tendo efectos económicos, legais e de participación.

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.

  1. […] A pesar da breve introdución que escribimos ó respecto das licencias e a xestión do copyright (tamén no ámbito galego), o mundo legal é complexo e existen algúns puntos grises que non están resoltos. Principalmente porque a GPL nunca tivo que enfrentarse a un xuízo no que se dictase sentencia. […]

  2. […] Logo de dúas entradas onde falabamos a nivel global sobre o copyright e as licencias nun proxecto de software libre, neste post cubriremos os aspectos específicos que afectan ós PFC en cada unhas das universidades galegas. […]

  3. […] A xestión do copyright […]

  4. […] A lo largo de estas sesiones, los alumnos podrán aprender y discutir con hackers de primer nivel todos los aspectos relativos a GNOME y KDE como entornos de desarrollo: aspectos legales (licencias y copyright), sociales (comunidad de los proyectos, políticas de release) y técnicos (librerías y API). […]