Xestión de desastres con SwL
Por mor dos varios desastres que sofremos ultimamente na Galiza, como o tema do Prestige [gl.wikipedia.org] ou a praga de incendios deste verán, estiven botándolle un ollo a un proxecto de software libre para a xestión de desastres: Sahana [sahana.lk, English].
É interesante revisa-las referencias en canto a instalacións do software, é dicir, en que desastres foi utilizado [sahana.lk, English], e tamén os recoñecementos que acadou a nivel internacional.
Ademáis de selo proxecto Sourceforge do mes en xuño [sourceforge.net, English], tamén foi citado como proxecto a ser tido en conta nun artigo da revista LinuxWorld [linuxworld.com, English] no que se listan as 10 empresas ou proxectos de software libre a ter en conta.
Sería interesante que as organizacións de voluntarios e ONGs que participaron na limpeza dos petroleados do Prestige ou no repoboamento de árbores tralos incendios, puideran ter acceso en galego a unha ferramenta como Sahana, mellorando así a súa xestión da axuda no desastre.
Trackbacks
Trackbacks are closed.
Javi… ¿ten moitas cadeas para traducir?. Se ti te animas eu boto unha man. 🙂
Ola Pachi,
a verdade é que non sei como sería de complexo, pero agora mesmo non teño tempo.
O que fixen foi reenviarllo a xente de mancomun.org para o teñan en conta na futura forxa de Software Libre en galego, de forma que sexa a propia Xunta a que o localice ó galego e o poña a disposición das ONGs e demáis grupos de voluntariado.