Xestión de desastres con SwL

Posted by javi vazquez on October 02, 2006

Por mor dos varios desastres que sofremos ultimamente na Galiza, como o tema do Prestige  [gl.wikipedia.org] ou a praga de incendios deste verán, estiven botándolle un ollo a un proxecto de software libre para a xestión de desastres: Sahana [sahana.lk, English].

É interesante revisa-las referencias en canto a instalacións do software, é dicir, en que desastres foi utilizado [sahana.lk, English], e tamén os recoñecementos que acadou a nivel internacional.

Ademáis de selo proxecto Sourceforge do mes en xuño [sourceforge.net, English],  tamén foi citado como proxecto a ser tido en conta nun artigo da revista LinuxWorld [linuxworld.com, English] no que se listan as 10 empresas ou proxectos de software libre a ter en conta.

Sería interesante que as organizacións de voluntarios e ONGs que participaron na limpeza dos petroleados do Prestige ou no repoboamento de árbores tralos incendios, puideran ter acceso en galego a unha ferramenta como Sahana, mellorando así a súa xestión da axuda no desastre.

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.

  1. pachi Fri, 06 Oct 2006 13:44:28 CEST

    Javi… ¿ten moitas cadeas para traducir?. Se ti te animas eu boto unha man. 🙂

  2. jvazquez Fri, 06 Oct 2006 15:07:52 CEST

    Ola Pachi,

    a verdade é que non sei como sería de complexo, pero agora mesmo non teño tempo.

    O que fixen foi reenviarllo a xente de mancomun.org para o teñan en conta na futura forxa de Software Libre en galego, de forma que sexa a propia Xunta a que o localice ó galego e o poña a disposición das ONGs e demáis grupos de voluntariado.