Prácticas de empresa en Igalia: procesando…

Posted by javi vazquez on May 20, 2008

Trala finalización da recepción de solicitudes o pasado domingo 18 de maio, agora estamos coa evaluación da información recibida. Ao longo desta semana, todos recibirides un email de Igalia para comentar se sodes citados ou non para a entrevista.

Este proceso de entrevistas rematará non máis aló do 6 de xuño, data límite para notificar as persoas que foron seleccionadas para facer prácticas connosco os meses de xullo, agosto e setembro.

A verdade, este ano é o que máis e mellores solicitudes recibimos. O impresionante número de 36 persoas nos escribiron interesados polas prácticas. Por este motivo, non poderemos entrevistarvos a todos, pero en calquera caso dende xa recibide o meu agradecemento polo voso enorme interese.

Nalgúns casos, teredes a oportunidade de intentalo de novo o ano que ven, como lle pasou a algún Igalio actual, Mario, quen un ano xa fai tempo recibiu un “amable email” (como el di :)) para informarlle que non fora seleccionado para as entrevistas, o ano seguinte volveuno intentar, e tralas prácticas daquel verán, hoxe é un membro máis da asamblea de Igalia.

Sorte a todos e grazas de novo!

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.

  1. Mario Tue, 20 May 2008 14:30:55 CET

    > Nalgúns casos, teredes a oportunidade de intentalo de novo o ano que ven, como lle
    > pasou a algún Igalio actual, Mario, quen un ano xa fai tempo recibiu un “amable email”
    > (como el di 🙂 ) para informarlle que non fora seleccionado para as entrevistas, o ano
    > seguinte volveuno intentar, e tralas prácticas daquel verán, hoxe é un membro máis da
    > asamblea de Igalia.
    >
    XDDD

    Jeje… efectivamente, corroboro a historia: á segunda foi a vencida… e a verdade que valeu a pena a espera 🙂

    Mario