Resolto o Premio ó Mellor PFC con SwL 2007

Posted by javi vazquez on November 23, 2007

Onte pola tarde, xoves 22 de novembro, tal e como aparece na web de Igalia, entregamos o Premio ao Mellor PFC con Software Libre 2007.

O xurado, composto por representantes de Igalia, das universidades públicas galegas e tamén de mancomún, atendeu a presentación dos 3 concursantes finalistas para finalmente entregar os Premios como segue:

  • Primeiro Premio e 1,000 € a Adrián Fraga Fernández, da Facultade de Informática da Coruña.
  • Segundo Premio e 500 € a Manuel Rodríguez Fernández, da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense, pertencente á Universidade de Vigo.
  • Mención especial a Andrés Vieites Pérez, tamén da Facultade de Informática da Coruña.

Á hora de decidir os Premios, se tivo en conta por riba de todo o ser cuidado coas licencias escollidas para o código, e moi especialmente a búsqueda de colaboración e visibilidade do proxecto fin de carreira dentro dunha comunidade de software libre.

Entender o software libre máis aló do puramente tecnolóxico, como unha fórmula de traballo e colaboración, innovando sobre coñecemento existente co interese de melloralo e compartir esas melloras coa comunidade, foi o que decidiu o primeiro premio.

Dende Igalia, queremos agradecer a colaboración das 3 universidades, especialmente dos decanos e directores das diferentes facultades e escolas de informática de Galicia, e tamén por suposto a mancomun.org.

Por outra banda, ainda que o número de participantes nesta primeira edición do Premio non foi algo escaso (11 inscritos, 4 memorias finalmente presentadas), esperamos que o ter organizado e resolto o Premio de forma exitosa contribúa a mellorar a participación en próximas edicións.

Dende xa, ademáis de ter recolllido o feedback dos participantes, agardamos calquera opinión que teñades para poder mellorar o Premio o ano que ven, contribuindo así a dar a coñecer o software libre entre o estudantado universitario galego.

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.