I Xornadas de Software Libre no Ensino

Posted by javi vazquez on September 13, 2007

A xente de OUSLi, un LUG creado recentemente en Ourense, está a organizar as primeiras Xornadas de Software Libre no Ensino.

Dende Igalia, tal e como saiu publicado na nosa web, patrocinamos este encontro de dous fins de semana de outubro na Cidade das Burgas, principalmente porque non podemos estar máis dacordo nos motivos:

[…] a mocidade non pode atopar na tecnoloxía unha barreira, unha nova forma de desigualdade, que non lle permita acceder á información, que free as súas posibilidades de formarse e que o poder adquisitivo determine quen pode facer uso de todo o software necesario.

O software libre rompe esta barreira, esta desigualdade, procurando un acceso libre ó software e, deste xeito, permite un ensino baseado na igualdade, na idea de compartir e no traballo en grupo, en comunidade, promovendo a solidariedade entre os que formarán a sociedade do futuro, contribuíndo de xeito fundamental a asentar os alicerces dunha boa educación tanto nos eidos da cultura e o coñecemento, como no cívico. […]

Sexa 12,7 [lavoz.es] ou 7 [sociedadedainformacion.eu] a cifra de ordenadores por alumno en Galicia, a miña visión persoal e subxectiva, baseada en diversas conversas con docentes de secundaria, é que as TIC seguen sendo un rara avis no ensino galego.

De novo na miña opinión, nin este goberno nin o anterior foron quen de empezar sequera a introducir o uso das TIC no ensino, e repartían e reparten ordenadores que as veces nin sequera saen das caixas.

Espero sinceramente estar nun erro e que a miña percepción sexa incorrecta, pero polo de agora sego a preferir a sociedade dixital en Extremadura

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.