Asamblea constituinte de AGASOL

Posted by javi vazquez on August 01, 2007

Hoxe pola mañá celebrouse en Santiago de Compostela a asamblea xeral constituinte de AGASOL (Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre), durante a cal se elixiu xunta directiva e se aprobaron os seus estatutos.

Desta forma, nace por fin unha iniciativa empresarial galega orientada a:

  • Promocionar o Software Libre coma ferramenta válida para desenvolver a sociedade da información en Galicia.
  • Servir de interlocutor ante a Administración Pública galega, para apoiala e asesorala no proceso de migración e implantación de Software Libre e estándares abertos.
  • Fomentar e artellar a colaboración entre os seus socios, facilitando a xeneración de novas oportunidades de negocio en base á posta en común de coñecementos e experiencias, cun enfoque definido e baixo o “paraugas” dunha marca común.

AGASOL nace con 12 empresas socias: Aitire, Allenta, Bora Telecom, Igalia, Imagos, Inforede, Pexego, Redegal, Signo, Tegnix, Ultreia Comunicaciones e Wireless Galicia.

A xunta directiva queda conformada como segue:

  • Presidente: Javi Vázquez de Igalia.
  • Vicepresidente: Alejandro Escobar de Aitire.
  • Secretario: José Ramón Pena Rodríguez de Inforede.
  • Tesoureiro:Xaime Garaboa Fernández de Signo.
  • Vocal: Pedro Silva Franco de Tegnix.
  • Vocal: José Manuel Monteagudo de Bora Telecom.
  • Vocal: Xurxo Cegarra González de Wireless Galicia.
  • Vocal: Rubén Rodríguez Pérez de Imagos.

No mes de setembro, tralas vacacións, será presentada a súa web e seleccionarase o seu xerente.

Mentras tanto, calquera outra empresa interesada en coñecer con máis detalle as motivacións e obxectivos de AGASOL, pode porse en contacto conmigo mesmo ou calquera dos membros das restantes empresas socias.

Persoalmente, quero darlle as gracias tanto os membros de AGASOL coma os meus compañeiros en Igalia por permitirme iniciar este proxecto colectivo, o cal nace coa ilusión de servir como plataforma de despeque para as empresas de Software Libre dende Galicia para o mundo.

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.

  1. pachi Thu, 02 Aug 2007 09:55:44 CET

    Noraboa por levar adiante iniciativas coma esta, que son fundamentais para que o software libre atope o seu oco en pe de igualdade.

    Noraboa tamén por facer esto dende Galicia. Saúdos ós que, para min, seguides sendo daqueles bos e xenerosos.

  2. ag2r Thu, 23 Aug 2007 02:05:30 CET

    Arriba o software libre 🙂

  3. […] Fonte: JaviVázquez vía Greti. […]