Prácticas de empresa verán 2007 en Igalia

Posted by javi vazquez on June 04, 2007

A continuación, inclúo o texto para promocionar as prácticas en empresa deste verán 2007 en Igalia:

Igalia, a compañía galega de Software Libre, ofrece por sexto ano consecutivo a posibilidade de realizar prácticas na empresa durante este verán nas súas instalacións de A Coruña ou Pontevedra, a Enxeñeiros en Informática con máis do 50% dos créditos superados.

Por que o facemos?
* A maioría de nós fixemos prácticas cando eramos estudiantes e o consideramos unha valiosa experiencia.
* É unha boa forma de devolverlle algo a Universidade da que vimos.
* Tamén é unha boa forma de contratar xente. Case o 50% das persoas que fixeron prácticas connosco no pasado forman parte da empresa na actualidade.

Como son?
* Un total de 350 horas cunha planificación flexible de 5 a 8 horas diarias durante os meses de xullo, agosto e setembro.
* 325 horas traballando nun proxecto de Software Libre (GNOME, Fisterra, Typo3, etc.) e 25 horas para redactar a memoria.
* Axuda de 1,000 €.

Se estás interesado en optar ás prácticas, o período de selección abrangue dende o luns 4 ata o venres 15 de xuño.

Por favor, envíanos a túa carta de presentación, CV e copia do expediente académico a rrhh@igalia.com, indicando “[internship] Apelido, Nome” no subject.

Máis información: http://www.igalia.com/igalia/workwithus/internship/

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.