Resultado da Xuntanza: Asociación Empresas Galegas de SwL
Como sabedes, onte mércores 23 de maio celebrouse una xuntanza de empresas na ETSE de Santiago de Compostela, co obxectivo de evaluar e debatir sobor da creación dunha Asociación de Empresas Galegas de Software Libre.
Nela, 10 empresas falamos sobre a necesidade, motivacións e obxecto de formar unha asociación que represente os intereses da industria do Software Libre en Galicia, coas conclusións básicas seguintes:
- É necesario crear en Galicia unha Asociación de Empresas de Software Libre.
- A Asociación estará aberta a todas aquelas empresas alineadas cos seus intereses:
- Fomento do Software Libre como ferramenta útil para desenvolver á sociedade da información en Galicia.
- Representación colectiva ante a Administración Pública Galega, para asesorala e apoiala no proceso de migración e implantación de Software Libre e estándares abertos.
- Promoción da colaboración de negocio entre as empresas socias, así como servir de nexo de unión coas empresas do resto do Estado.
- Formase un grupo de traballo para dar os primeiros pasos na creación da asociación.
Persoalmente, considero moi satisfactorio o resultado da xuntanza, tanto polos que estivemos presentes nela como polos que mostraron o seu interese, a pesares de non poder vir.
Nos próximos días seguiremos informando sobre os pasos que se vaian dando, estando dende xa abertos a sumar a outras empresas interesadas ao grupo de traballo formado onte.
Trackbacks
Trackbacks are closed.