Entrevista en sociedadedainformacion.eu

Posted by javi vazquez on February 28, 2007

Hoxe saíu publicada na web que da cara na rede ó PEGSI, sociedadedainformacion.eu, a entrevista que me fixeron fai uns días sobre Igalia.

Para ser por teléfono e sen poder revisar as respostas, creo que quedou moi ben. Nela  explícanse as cuestións básicas da empresa e a súa natureza diferente en canto á organización (cooperativista, asamblearia, equidade salarial) e fórmula de negocio (software libre).

Por porlle un único “pero” de tipo presumido, creo que a foto que elixiron do meu espazo en flickr non é a mellor :), según din incluso asusta un pouco… Que lle imos facer, as fotos todavía non minten o suficiente, é o que hai.

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.