puntogal sae a luz

Posted by javi vazquez on April 06, 2006

O pasado 25 de abril estiven representado a EGANET, asociación de empresas TIC e de novas tecnoloxías da que fun reelexido secretario fai uns días, na primeira xuntanza informal da promotora da asociación PuntoGal.

Cóntoo agora porque veñen de publicar unha Nota de prensa [arquivo pdf]

A promotora da asociación PuntoGal ten como obxectivo a consecución do dominio .gal, como espacio propio no internet para a lingua e cultura da galeguidade no mundo.

Persoalmente, creo que as persoas e entidades que comezaron coa promoción desta iniciativa estudaron ben o tema, analizando tódalas motivación, posibilidades e demáis variables a favor ou en contra. A continuación, conformouse un grupo de entidades que fixeran posible lanza-lo proxecto cun bo rumbo xa dende o inicio. Leveime unha moi boa impresión aquel sábado pola mañá, día da primeira xuntanza.

Ter un dominio propio na rede é importante. Unha sociedade como a galega, á cola de España na introducción de novas tecnoloxías e acceso á sociedade da información, tendo en conta que España está a súa vez á cola de Europa, necesita dun símbolo, dunha estrela na noite que ilumine e guíe os nosos camiños a través da escuridade do descoñecemento.

Dende o punto de vista económico, social e cultural, ter un dominio propio na rede serviranos de moito ós galegos do mundo, entre outras moitas cousas porque será unha fórmula de sensibilización para o noso pobo, porque non ter identidade na rede será o mesmo a non ter identidade en absoluto en non moito tempo.A web xa está na súa versión 2.0 [es.wikipedia.org], pero Galicia segue na primeira 0.1.

O PuntoGal é un paso cara adiante na búsqueda do Novo Mundo no que quereriamos participar.

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.