Copyright e licencia dos PFC nas universidades galegas

Posted by admin on July 11, 2008

Logo de dúas entradas onde falabamos a nivel global sobre o copyright e as licencias nun proxecto de software libre, neste post cubriremos os aspectos específicos que afectan ós PFC en cada unhas das universidades galegas.

Unha vez contactados os responsables das respectivas titulación e lidos os respectivos regulamentos, podemos dicir que a situación actual dos PFC das facultades de informática é a seguinte:

ENXEÑARÍA TÉCNICA INFORMÁTICA, USC

Na lexislación dos PFC da ETIS [PDF do regulamento] contémplase o seguinte:

Artigo 38. Dereitos do Proxecto
A propiedade intelectual do PFC, así como no seu caso os dereitos de
comercialización dos productos desenvolvidos ou deseñados, corresponden
conxuntamente o alumno que o realizou e o Director do mesmo.

No caso de realizarse o PFC no marco dun contrato ou convenio con algunha
entidade, os dereitos do PFC serán os recollidos en dito contrato ou convenio
baixo o disposto na lexislación vixente.

Artigo 39. Uso dos Proxectos
O traballo e os desenvolvementos do Proxectos poderán ser utilizados na
Universidade de Santiago de Compostela, sempre con mención específica ós
seus autores.

FACULTADE DE INFORMÁTICA, UDC

Como se pode ver no artigo 6 da lexislación dos PFC [PDF da regulamento] na FIC, a situación é similar á da USC:

A propiedade intelectual do traballo realizado nun proxecto corresponde ó autor deste, xunto co director, de forma compartida.

En calquera caso o traballo e os desenvolvementos do proxecto poderán ser utilizados para a docencia na universidade, sempre con mención específica ós seus autores.

Polo que podemos dicir, que, tanto na FIC como na ETIS, o copyright pertence de forma compartida ós autores (titor e alumno do PFC), e que existe unha licencia de uso en favor da universidade.

É distinto o caso da Escola de Informática de Ourense, onde non existe unha clara delimitación ó respecto.

ESCOLA DE INFORMÁTICA, UVIGO

Na normativa dos PFC [PDF] non aparece ningún apartado relacionado coa propiedade intelectual do mesmo. Porén, remitíndonos tanto ó regulamento xeral do estudantado (sección 3: dereito á propiedad intelectual):

4.- Os estudiantes conservarán o dereito á propiedade intelectual dos traballos orixinais por eles realizados. A publicación ou reproducción total ou parcial, ou a súa utilización para calquera outro fin, deberá contar coa autorización por escrito do seu autor/a.

.. e logo de ler a consulta realizada polo director da EI ó departamento xurídico da UVigo [PDF] (dispoñible na web da EI), pódese dicir que o copyright dos PFC nesta escola pertence ós autores (aínda que non se especifica si só ó alumno ou conxuntamente ó alumno e ó titor), mentres que non existe ningún sistema de licenciamento en favor da universidade.

Polo que vemos tanto neste post, como nos outros 2 anteriores, non existe ningunha barreira que impida licenciar os PFC como software libre.

Rematamos con éste os post dedicados a temas legais. Esperamos que quedasen suficientemente claros logo da visión global que lle dedicamos (falando de copyright e licencias) tanto como ésta máis específica referida ás universidades galegas.

A xestión do copyright

Posted by admin on July 03, 2008

No post anterior, explicabamos os conceptos básicos a ter en conta á hora de elexir unha licencia. Neste, pretendemos explicar os distintos modos de xestión do copyright nun proxecto de software libre.

En primeiro lugar, hai que dicir que o copyright e a licencia son cousas distintas. Como xa dixemos, a licencia é o mecanismo legal mediante o que o autor declara qué dereitos sobre o programa proporciona ó usuario. Porén, o copyright é o mecanismo legal polo que se indica a quen pertencen os dereitos de explotación do código.

As principais implicacións de ter ou non o copyright:

  • Decidir sobre os cambios/asignación de licencia.
  • Manter os dereitos de explotación do software (é dicir, as posibles ganancias pola venda de licencias do programa repercutirán sobre os axentes que manteñan o copyright).

A efectos legais, pódese dicir que manter o copyright do código significa ser o propietario do mesmo.

É por esta razón, que existen proxectos e comunidades de software libre, que á hora de participar, esixen que se lles ceda o copyright. Éste é o caso, por exemplo, do proxecto Apache, da Free Software Foundation e de MySQL.

A xestión do copyright ten importantes implicacións legais, pero tamén económicas e sociais. Imos tratar de resumilas a continuación.

IMPLICACIÓNS LEGAIS: o caso Apache e FSF

Dende o punto de vista legal, que o copyright sexa dun só axente (Apache ou a FSF) simplifica o proceso relicenciamentos futuros, facilitando asimesmo afrontar procesos legais futuros (xa que grandes institucións como a FSF poder ter máis recursos económicos para afrontar un proceso legal). Así o xustifican tanto a Apache Software Foundation:

The purpose of this agreement is to clearly define the terms under which intellectual property has been contributed to the ASF and thereby allow us to defend the project should there be a legal dispute regarding the software at some future time.

como a Free Software Foundation:

In order to make sure that all of our copyrights can meet the recordkeeping and other requirements of registration, and in order to be able to enforce the GPL most effectively, FSF requires that each author of code incorporated in FSF projects provide a copyright assignment

Pero máis alá das implicacións legais, existen tamén fortes motivacións económicas que sustentan a práctica de cesión de copyright.

IMPLICACIÓNS ECONÓMICAS: o caso MySQL

Dende o punto de vista económico, podemos decir que a cesión do copyright sustenta unha das formas en que unha compañía pode gañar diñeiro con software libre: o licenciamento dual. O exemplo canónico de este modelo é a empresa MySQL AB.

MySQL AB é unha empresa finlandesa que desenvolve a base de datos MySQL. Esta base de datos ten a licencia GPL, con todo o que iso supón: pódese usar e modificar libremente, pero non se poden realizar productos cerrados a partir dun código gpl.

De todos modos, MySQL AB entende que existen certos axentes que desexan realizar productos propietarios a partir da súa base de datos. É por isto, que ademáis de licenciar a base de datos coa licencia GPL, tamén a licencia coa MySQL Comercial License.

Tal e como o explican dende MySQL:

MySQL is the owner and copyright holder of the entire MySQL product, whereas Linux does not have one single entity as a copyright holder. This makes the MySQL Dual Licensing model possible.

The MySQL users benefit from this in the form of further product development financed by MySQL (with currently over 80 developers on MySQL’s payroll). While MySQL has developed most of the MySQL database itself, and continues to do so, MySQL also wants to simplify the processes for contributors to MySQL.

Deste xeito, para concluir, podemos decir que o licenciamento dual que MySQL usa, non sería posible (ou sería moi complexo realizalo) se os participantes da comunidade non cedesen o seu copyright á empresa.

IMPLICACIÓNS SOCIAIS: o caso GNOME e KDE

Por último, veremos cómo a xestión do copyright afecta á participación na comunidade estudiando os proxectos GNOME e KDE, que son dous dos principais escritorios de software libre. Estudiando o copyright de ambos proxectos, podemos observar distintos patróns de participación nas 2 comunidades.

Na seguinte figura móstrase o porcentaxe de liñas de código asociadas a cada tipo de participante (desenvolvedor particular, universidade, empresa, fundación ou grupo de desenvolvemento).

copyright: gnome VS kde

A diferencia máis reseñable entre ambos proyectos é que:

o porcentaxe de código debido ás empresas é 3 veces maior en GNOME que en KDE

    Esto pode ser debido a que as librerías principais de KDE (Qt) teñen o copyright da empresa Trolltech, mentres que as de GNOME (GTK) teñen o copyright da Fundación GNOME e dos desenvolvedores individuais. Esta característica pode ser a razón principal da reticencia de participación de outras empresas no proxecto KDE.

    Así, vemos cómo que o copyright sexa de autores individuais, dunha Fundación (organización sen ánimo de lucro) ou de unha empresa pode facer variar tamén o índice de participación dos distintos axentes.

    Concluíndo, vimos ó longo deste post, cómo a xestión do copyright -xunto coa adecuada elección da licencia– conforman aspectos claves para a evolución do proxecto, tendo efectos económicos, legais e de participación.

Elexindo licencia para o código

Posted by admin on June 24, 2008

Unha vez teñas decidido participar no Premio ó mellor PFC de Software Libre ;), debes elexir unha licencia adecuada para o teu PFC. Esperamos que a seguinte información che axude a toma-la decisión.

A única diferencia legal entre un código considerado software libre e outro propietario é a súa licencia. A licencia é o mecanismo legal mediante o que o autor declara qué dereitos sobre o programa proporciona ó usuario. Pódese dicir que é un contrato entre o autor do programa e o usuario final, onde se declara cómo e para qué pode usalo. Porén, a autoría do software non cambia, ésta sempre é do programador e está garantida polas leis de copyright.

É por iso que é imprescindible que os nosos programas teñan una licencia de software libre, xa que, por defecto, as leis de propiedade intelectual non garanten ningún dereito ó usuario. Así, á hora de elexir licencia para o noso programa, debemos ter en conta algúns dos seguintes aspectos:

¿QUÉ É SOFTWARE LIBRE?

Para que un software sexa considerado software libre debe cumplir as 4 condicións da Free Software Foundation (ou, similarmente, as 10 directrices da Open Source Initiative):

  • Liberdade para executar o programa, con calquera propósito.
  • Liberdade para estudiar o seu funcionamento e adaptalo ás túas necesidades (unha condición a priori para isto é ter acceso ao código fonte).
  • Liberdade para redistribuír copias, axudando ó teu veciño.
  • Liberdade para mellorar o programa e publicar as melloras, beneficiándose así toda a comunidade (tamén é condición a priori para isto ter acceso ao código fonte)

Calquera licencia que cumpla estas 4 liberdades é considerada software libre. Porén, existen distintas tipoloxías de licencias a considerar.

LICENCIAS ROBUSTAS VS PERMISIVAS

Unha vez que decidimos licencia-lo programa como software libre, debemos escoller unha licencia das múltiples posibles (lista da OSIlista da FSF). Pódense destacar polo menos 2 categorías principais de licencias libres:

Logo de coñece-los requisitos de robustez da licencia, é preciso valorar outro aspecto decisivo: con qué código podemos mezclar o noso código. Para esto estúdiase a compatibilidade das licencias.

COMPATIBILIDADE DAS LICENCIAS

Pódense analiza-las licencias según sexan ou no compatibles entre sí (é dicir, o código licenciado cunha determinada licencia pódese mezclar co código licenciado con outra distinta). Un exercicio ilustrativo neste sentido pode ser estudiar qué licencias son ou non compatibles coa GPL:

una licencia se considera GPL-compatible cuando no añade ninguna restricción adicional a las impuestas por ésta. Como consecuencia práctica se tiene que el código con una licencia no compatible con la GPL, no puede integrarse con código GPL.

Tanto as licencias robustas como as permisivas das que antes falabamos, poden ser (ou non ser) gpl-compatibles. Probablemente, un dos casos máis famosos é o da licencia BSD. A BSD original, tiña como restricción adicional á GPL que:

3. All advertising materials mentioning features or use of this software must display the following acknowledgement: This product includes software developed by the University of California, Berkeley and its contributors.

Sendo así, o código BSD non era GPL-compatible e non podía integrarse con ningún código dese tipo. É por isto que se creou a licencia BSD modificada, que elimina esta restricción, facéndose así GPL-compatible (dando soporte legal á integración con código GPL).

A continuación mostramos un cuadro coas liberdades/restriccións que teñen as principais licencias de software libre:

tabla licencias software libre

En resumo, a elección de licencia é o único distintivo legal entre un programa de software libre e outro que non o sexa.

Analizar qué se necesita en cada caso, dependendo dos requisitos presentes e futuros do proxecto é primordial para non verse envolto en posteriores e costosos procesos de relicenciamento, como foi o caso de KDE e da Fundación Mozilla.

Premio PFC Sw Libre: unha FAQ

Posted by admin on June 18, 2008

O primeiro post deste blog debe ser necesariamente explicativo, é por iso que empezamos publicando unha FAQ, as nosas razóns para levar a cabo este evento.

¿Por qué este premio?

Co Premio ó Mellor Proxecto Fin de Carreira (PFC) con Software Libre pretendemos fomenta-lo coñecemento do Software Libre entre os estudantes universitarios galegos, ó tempo que se visibiliza o traballo que xa se está facendo na universidade neste eido.

O obxectivo que nos motiva é que moitos dos PFCs que se presentan cada ano nas diferentes escolas e facultades de Galicia sexan desenvolvidos como Software Libre, premiando o mellor deles con 1,000 €.

¿Quen pode participar?

Descripción xeral

O concurso consiste na presentación e desenvolvemento dun PFC que cree un novo proxecto de Software Libre ou ben mellore un existente, utilizando unha implementación libre de calquera linguaxe de programación.

Requisitos para a participación

  1. Os concursantes deberán estar matriculados nalgunha das tres universidades galegas e os seus PFCs deberán ser defendidos, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias (ordinaria ou extraordinaria) do ano académico 2007/2008 (entre febreiro e outubro do 2008).
  2. O código deberá estar baixo calquera das licencias de software libre así consideradas pola Free Software Foundation (FSF) ou a Open Source Initiative (OSI).

Cómo participar no evento

Criterios de avaliación

  1. Calidade do proxecto: deseño e implementación.
  2. Nivel de actividade pública do traballo. Valorarase a publicación continúa do traballo e resultados que se vaian acadando, sexa utilizando as listas de correo dun proxecto existente, as da forxa de mancomun.org ou calquera outro medio web, coma por exemplo blogs persoais.

Premio

Concederase un único Premio de 1,000 €. Se o xurado o considera adecuado, podería ser entregado un accésit de 500 €.

O Premio poderá ser declarado deserto no caso de que ningún dos presentados reuna a calidade mínima necesaria.

Calendario

Período de inscripción: ata o 31 de outubro de 2008.

Resolución e entrega:

Realizarase no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC, en Santiago de Compostela, durante a segunda semana de novembro de 2008 (data exacta por confirmar).

Xurado