Resolución do Premio ó mellor PFC de Sw Libre

Posted by admin on November 13, 2008

O mércores 12 pola tarde realizouse o evento de resolución do premio. O xurado, estivo conformado polos 3 decanos/directores das facultades de informática galegas: Antonio Mosquera pola ETSE da USC (e anfitrión desta edición), Alberto Valderruten pola FIC da UdC, Enrique Barreiro pola EI da UVigo; Suso Baleato como coordinador de Mancomún, Centro de Referencia e Servizos de Sw Libre a nivel galego; Javier Vázquez e eu mesmo (Andrés Maneiro) por parte de Igalia.

De cara á resolución final, e como se publicitou previamente nas bases, tívose en conta tanto os aspectos técnicos do proxecto como os de comunidade e actividade pública.
O gañador da edición 2008 (cunha dotación de 1000€) foi Miguel Álvarez Úbeda co proxecto Herramientas de análisis de redes, debido ós méritos en ambos campos antes mencionados:
  • Aspectos técnicos: a condición de Matrícula de Honra do PFC presentado.

Porén, o xurado decidiu conceder o Accésit (cunha dotación de 500€) a Orlando García Feal co proxecto Katmus.

Finalmente, e debido á calidade do proxecto presentado, o xurado decidiu outorgar unha Mención de honra (sen dotación económica) non contemplada ó inicio, a Diego Pérez Montes polo proxecto ASTRA.

[Na foto, Diego Pérez, Orlando García e Miguel Álvarez]

Finalmente, só queremos felicitar a todos os participantes polo gran esforzo realizado nos seus PFC.

Esperamos que o modesto impulso que é o premio contribuíse ós obxectivos que nos marcamos ó comezo:

  • Pór en valor o traballo realizado polos estudantes, amosando que é posible realizar PFC con software libre, ben sexa aportando novas funcionalidades a un proxecto existente ou lanzando un propio.

Gracias a todos por conectarvos connosco.

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.

  1. MAU Thu, 13 Nov 2008 14:08:52 CET

    ehhhhhhhhhhhhhhhhhhhh!

    Que la ultima foto es plagio de mi blog y es propietaria!!! xDD
    (es broma…. como se entere la SGAE)

    Muchas gracias 🙂

  2. amaneiro Thu, 13 Nov 2008 16:50:30 CET

    Noraboa de novo polo gran traballo realizado Miguel 🙂