¿Por qué Software Libre?
Nos últimos posts, temos visto cómo a principal diferencia do software libre radica nas 4 liberdades: qué se pode facer e qué non. Mais é sobre esta diferencia que emerxen as diferentes vantaxes deste … modo de facer as cousas.
O SwL como PLATAFORMA de INNOVACIÓN e PRODUCTIVIDADE
Nos últimos 8 anos, o software libre pasou de ser un aspecto marxinal da industria do software a convertirse en punta de lanza da mesma. Según estudios da Unión Europea, ademáis do impacto indirecto en termos de crecemento económico, productividade e innovación, tamén se espera que …
“no 2010, o 4% do PIB da Unión Europea dependa de servizos relacionados co software libre, supoñendo o 32% do mercado TIC de servizos”
En palabras de Alberto Abella, director do CENATIC que resume o informe nas seguintes palabras:
“Hoy por hoy, los principales fabricantes de software propietario están localizados en Estados Unidos […] el software libre es una oportunidad para el sector tecnológico europeo, que, por otra parte mantiene el liderazgo en número de desarrolladores […].
Así, tanto por motivos de capacidad de adaptación como por situación de mercado, el software libre es una oportunidad para España y para Europa.”
Todo isto parece indicar un futuro prometedor para o software libre como negocio.
O SwL como PLATAFORMA de APRENDIZAXE
Pero máis alá do negocio xerado e que facilita o software libre, éste tamén se pode entender como unha plataforma de aprendizaxe como nunca tivemos. Un lugar onde a transferencia de coñecementos e tecnoloxía faise de modo natural.
Según as enquisas levadas a cabo por Rishab Gosh, da Universidade de Maastricht, a principal razón pola que os desenvolvedores participan nas comunidades de software libre consiste na posibilidade de:
“aprender e mellorar as súas habilidades (nos campos da programación, entendemento e xestión do copyright así como na xestión e traballo en equipo)”
As respostas pódense ver máis en detalle na gráfica seguinte:
Polo de agora, este gran ecosistema de aprendizaxe compartido e de transferencia tecnolóxica quedaba ó marxe da educación formal.
Mais xa dixemos que o presente e futuro é prometedor para o negocio do software libre, polo que emerxe ós poucos a necesidade de persoal capacitado que sexa capaz de traballar con software libre e entenda este modo de face-las cousas.
Tanto é así que nos últimos anos lévanse realizando en España ata 3 iniciativas distintas especializadas no estudio do software libre (máster da URJC, máster da UOC, máster da UEX). Aparecendo tamén grupos de investigación centrados no estudio e evolución do software libre (Grupo Open Source do MIT, Grupo Libresoft da URJC).
CONCLUSIÓNS
Existen claras razóns comerciais e de aprendizaxe compartido para fomenta-lo uso do software libre, mais é preciso remarcar que defendendo o software libre como ferramenta …
“[…] estamos a defender unha sociedade baseada no coñecemento como actividade económica principal. Unha sociedade que desenvolva a súa calidade de vida, o seu benestar, ó redor da explotación dese coñecemento, da innovación e colaboración sobre el.
O software libre é unha ferramenta que, de forma natural, se integra nese obxectivo, porque responde a esa fórmula de colaboración e de traballo.
Non é unha cuestión de defende-lo software libre, senón de defender unha sociedade baseada no coñecemento”.
Éses son os nosos obxectivos, as nosas cartas. Apúntaste?
Trackbacks
Trackbacks are closed.