Entrevista de AGASOL na Voz

Posted by javi vazquez on August 21, 2008

O fin de semana próximo, no complemento Salmón (de negocios) da Voz de Galicia, sairá publicada unha entrevista miña como presidente de AGASOL.

Na mesma, ademáis de insistir nos obxectivos básicos da Asociación, lanzamos a mensaxe clave no inicio desta, en certa forma, segunda etapa da Asociación: posicionar a AGASOL como interlocutor de negocio e proveedor de servizos en torno a aplicacións de software libre.

É dicir, calquera organización interesada en avaliar o software libre como ferramenta para mellorar a súa intraestructura tecnolóxica, pode contactar con AGASOL para contratar os servizos necesarios.

AGASOL é capaz de actuar como partner tecnolóxico, avaliar as necesidades tecnolóxicas da empresa cliente e:

* Seleccionar a empresa ou grupo de empresas socias que poden levar a cabo o proxecto da mellor forma.

* Xestionar o proxecto de forma global, servindo como único interlocutor, á vez que contando coas empresas especialistas nos diversos eidos necesarios.

Nos próximos meses engadiremos á web de AGASOL o portofolio de productos soportados polas empresas socias, ademáis de mellorar o seu deseño, e levaremos a cabo diversas accións comerciais de promoción desas solucións, apoiados nos casos de éxito concreto das empresas socias.

O último catrimestre deste ano será fundamental para medir a capacidade de xeneración de negocio dunha Asociación que ten como pata fundamental a promoción da colaboración de negocio entre os seus socios, e que ten que vivir necesariamente dos proxectos desenvolvidos en conxunto por eles.

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.