- a financiación do producto
- o modelo de negocio asociado (ou cómo retornar a inversión)
ESQUEMAS DE FINANCIACIÓN
Co seguinte esquema exemplificamos os modelos de financiación máis habituais, asociando a cada exemplo un caso coñecido de proxecto ou empresa:
En resumen, os esquemas de financiación poden categorizarse a grosso modo según a seguinte lista:
- Pública (modelo LinEx)
Unha determinada institución pública considera adecuado invertir nun proxecto, ben porque ninguén invirte debido ó escaso retorno económico (o caso do CENATIC co DNI-electrónico), por motivos estratéxicos -redución de costes e creación de industria local- (o caso dalgunhas administracións públicas españolas) ou de seguridade nacional (o caso do goberno alemán que financiou desenvolvementos específicos de gnupg).
- Privada sen ánimo de lucro (modelo FSF)
Neste punto encaixa o papel das fundacións privadas como a Free Software Foundation.
- Melloras específicas (modelo Wine-Corel)
The future is going to be a variety of platforms. It only makes sense to centralise around one operating system. The operating system is the common denominator. We’re keen on everything — including Transmeta and mobile Linux — that expands the Linux universe.
Neste sentido as inversións en proxectos de sw libre van relacionadas cos modelos de negocio existente (que tratamos posteriormente).
- Outros: marketplace (modelo SourceForge), donacións, bounties (eventos que tratan de incentiva-la creación de código libre)…
MODELOS DE NEGOCIO
Por outra parte, en canto ós modelos de negocio, tamén realizamos un mapa de conceptos exemplificándoos con proxectos e empresas coñecidas:
O esquema está realizado según a clasificación de Hecker (blog persoal), un dos artífices da liberación do código de Netscape e que actualmente traballa para a Fundación Mozilla. Según Hecker, pódense diferenciar os seguintes modelos de negocio (aínda que existen outras clasificacións):
Consiste na venta de soporte e servizos asociados ó producto. Nesta categoría podemos encontrar dende servizos de consultoría ata desenvolvemento de necesidades específicas non cubertas polo produto.
- Loss leader (modelo Ximian-Exchange)
O programa libre sirve como base para a comercialización de produtos propietarios. O exemplo máis claro probablemente sexa o da empresa Ximian (agora parte de novell) que se encargou do desenvolvemento do xestor de correo libre Evolution, sobre o que comercializaban o conector para servidores Microsoft Exchange 2000 como produto propietario.
- Accessorizing (modelo O’Reilly)
Este modelo de negocio consiste na comercialización de produtos relacionados. Moi coñecido é o caso da editorial O’Reilly. unha das máis reputadas no mundo técnico e de software libre. O impacto da marca sobre este nicho de mercado é dedido en gran medida pola continua promoción de eventos e subvención de proxectos de software libre, que logo rentabiliza en forma de publicación de libros técnicos e contacto directo cos hackers.
- Service enabler (modelo google)
Neste modelo, o software libre sirve como base para comercializar un servizo (non relacionado co produto), polo que a empresa ten interese en invertir en proxectos de software libre que necesite á hora de proveer o servizo con calidade (servidores web, linguaxes específicos).
- Brand licensing (modelo MySQL)
Esta estratexia consiste en asociar un produto cunha marca concreta. Unha vez feito, é posible comercializar servizos relacionados coa marca: cursos de formación específicos, certificacións, …
A diferencia do anterior neste modelo franquíciase a marca, podendo usala para certos fins específicos. Programas de partners como os de MySQL entrarían nesta categoría.
- Sell it, Free it (modelo GNAT)
LICENCIAMENTO DUAL
Por último, falamos dun modelo non recollido no artigo de Hecker. Si ben no mundo do software privativo é habitual que o modelo de negocio esté baseado na venta de licencias (que concede a posibilidade de uso dun programa en certos entornos controlados), en xeral non ocorre así no mundo do software libre. Mais existe a posibilidade de obter rentabilidade por pago de licencias.
Para iso, o programa debe ter un licenciamento dual, é dicir, debe ter dúas licencias. É habitual que unha delas sexa unha licencia robusta (polo que permite usar o código e melloralo sempre que os derivados se licencien con outra licencia robusta) e outra sexa específicamente deseñada para poder crear produtos derivados propietarios a cambio dunha cantidade a negociar.
CONCLUSIÓNS
É evidente que os modelos dos que falamos anteriormente non son estancos e as empresas tecen un complexo fluxo comercial no que fan uso de varios simultaneamente. Estudialos de modo desagregado danos a posibilidade de observar as múltiples posibilidades que existen.
Si observamos por exemplo a empresa MYSQL AB vemos que ten varias fontes de ingresos por diferentes motivos: venta de servizos (consulting, support), marca e franquiciado, así como por venta de licencias. Todos eles baseados na explotación do coñecemento ó redor de produtos de software libre.
[…] Pódese decir que a principal fonte de financiación do kernel son empresas externas que: […]