Ferramentas e boas prácticas para fomentar a colaboración

Posted by admin on July 30, 2008

Cando falamos dun proxecto de software libre, non só nos estamos referindo a proxectos realizados con tecnoloxías libres, senón a proxectos de comunidade, onde moita xente en lugares e motivacións diversas colabora na realización exitosa do mesmo.

É por isto que se precisa unha infraestructura para facilitar a colaboración, para que a xente participe e traballe en grupo de un modo natural.

Dende logo, son necesarias unha serie de ferramentas que permitan tanto a interacción entre as persoas: listas de correo, foros, jabber, IRC, wiki, web, blog, planets … como a xestión e mantemento do código: sistemas de control de versións, sistemas de xestión de incidencias (bugs, peticións de novas funcionalidades, …), …

Existen multitude de servizos que nos proveen das ferramentas máis usadas. Sourceforge é un dos máis populares. No caso galego dispoñemos da forxa de mancomún, onde -unha vez nos rexistramos como usuario– temos á nosa disposición as ferramentas básicas que necesitamos para levar a cabo o noso proxecto. En concreto, a forxa de mancomún ofrécenos as seguintes:

  • listas de correo e foros
  • wiki e web
  • sistema de xestión de incidencias
  • sistema de control de versións (SVN neste caso)

Pero máis alá das ferramentas usadas, existen asimesmo normas sociais, un fluxo de traballo que respetar: cómo usar as ferramentas para levar a cabo o proxecto que temos entre mans.

De todo esto pretendemos falar nos seguintes posts. E para iso trataremos de seguir as 3 claves que destaca Benkler para que un proxecto de comunidade funcione:

  1. A confianza como vertebrador da participación
  2. A modularidade do proxecto como factor que potencia da colaboración
  3. O problema da integración e control de calidade das aportacións:
  • Ferramentas: sistemas de control de versións (cvs, svn, git), sistemas de control de incidencias (bugzilla, trac), ferramentas de axuda á compilación (make, autotools, ant, maven), …
  • Boas prácticas na integración do código
Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.

  1. […] Unha panorámica xeral das ferramentas  […]