SergasApp 0.1.1
SergasApp foi publicada en Abril deste mesmo ano e acaba de superar as 2000 descargas no market de Android (Google Play). Antes de nada, moitas gracias a todos pola boa acollida. Debido a un bug de PhoneGap en Android 4.1 Jelly Bean veño de publicar unha nova versión da aplicación. O problema era que a aplicación pechábase cando un usuario introducía o número “7” nalgún campo. O erro foi correxido na versión 2.0.0 de PhoneGap, polo que SergasApp agora emprega esa versión.
A parte desta corrección a nova versión inclúe as seguintes novidades:
- Agora inclúese a información sobre o tipo de cita tanto durante o proceso de solicitude como na consulta das mesmas.
- Por defecto, selecciónase o primeiro día e hora libres á hora de solicitar unha consulta.
- En Android engadiuse un novo botón que permite pechar a aplicación.
Espero disfrutedes da nova versión que podedes descargar dende a páxina web da aplicación ou o market de Android (Google Play) ;-)
Comments
Hola, vexo que no GitHub tes o código para o navegador, pero falta o proxecto enteiro para importar directamente no eclipse, o AndroidManifest.xml, as clases java, etc.
Estimo moito que a puxeras pero non entendo esa tendencia de poñer solo o xusto para que non a copien.
On 13/01/02 13:09, Manuel Rego Casasnovas wrote:
Ola, o que está no GitHub e todo o que fai falta para construir a aplicación empregando http://build.phonegap.com
É verdade que non están os ficheiros para lanzala en Eclipse para Android, pero a aplicación é válida para máis plataformas, polo que alguén podería utilizar o mesmo código. Ademais pode haber xente que non utilice xusto Eclipse ou calquera outro editor, polo que para o meu gusto é mellor subir só os ficheiros reais de código e non os de configuración dos IDEs e demais.
Por outra banda é sinxelo importar o proyecto e comezar a facer probas en Eclipse e Android. Poderías seguir os pasos explicados na presentación do seguinte post para facelo: http://blogs.igalia.com/mrego/2012/08/04/phonegap-at-master-on-free-software/
Por último, o código é público precisamente para que calquera o podia copiar ou modificar, de feito, nestes momentos a aplicación non funciona e eu non fun capaz de arranxala, polo que se alguén é capaz de arranxar o meu código estaría máis que encantado en aceptar os seus parches e sacar unha nova versión.
Espero aclarar as túas dúbidadas sobre a forma de publicar o código.
Un saúdo,
Rego