Cómo xestiona GNOME as releases

O ciclo de lanzamento dun proxecto comprende tarefas dependentes unha das outras: mentres o desenvolvedor non remata de facer as modificacións ó programa e engadir/modificar/eliminar as cadeas que se presentarán ó usuario (en forma de diálogos, por exemplo), os tradutores non deberían comezar a facer o seu traballo. Estas interdependencias son habitualmente xestionadas mediante os […]

Sincronización dos esforzos: seleccionando o ciclo de release

No proceso de integración das aportacións é habitual atopar unha serie de medidas informais para garantir a calidade das aportacións e a súa fácil integración. Mais alén destas medidas, a maioría dos proxectos de software libre prevén etapas de testeo e calidade específicas e coordinan os seus esforzos a través dunha axenda común: os ciclos […]

Sesión de traballo con svn e envío de parches

Logo do último post onde introduciamos os conceptos básicos dun sistema de control de versións, neste imos simular unha sesión de traballo habitual contra un proxecto de software libre.
Para iso escollemos o noso obxectivo. Neste caso imos usar un código que recupera perfís de usuarios e os artistas máis escoitados da plataforma last fm. O […]

Repositorios e mantemento do código

En xeral, nos proxectos de software libre, colaboran persoas de diferentes lugares que coordinan as súas accións a través de internet (listas de correo, chat, …). Esta característica demanda unha ferramenta que posibilite o traballo en grupo sobre o código de forma eficiente.
Para cubrir esa necesidade emerxe unha das ferramentas clásicas no desenvolvemento de software […]