TYPO3 4.2 foi lanzado onte, o que implica que o galego xa está soportado no core de TYPO3.

Dende este momento calquera que se descargue a versión actual de TYPO3 poderá ter un sitio web funcionando en galego coma un idioma máis.

Se queremos ter o backend de TYPO3 en galego tan só temos que seguir os seguintes pasos:

  • Acceder ó módulo Ext Manager (Adm. de Extensións)
  • Seleccionar a opción Translation handling
  • Seleccionar o idioma Galician – [Galician]
  • Premer en Save selection
  • Premer en Update from repository

Como descargar a tradución do galego para o backend de TYPO3 Como descargar a tradución do galego para o backend de TYPO3

Unha vez feito isto poderíamos escoller o galego como idioma de backend:

  • Ir ó módulo User settings (Configuración)
  • Seleccionar Galcian – [Galician] no campo Language (Lingua)
  • Premer en Save configuration (Gardar configuración)

Como establecer o galego como idioma de backend en TYPO3 Como establecer o galego como idioma de backend en TYPO3

Ademáis está dispoñible a extensión Static Info Tables (gl) – static_info_tables_gl, que proporciona a tradución ó galego das táboas estáticas de TYPO3.

Para rematar quero lembrar que, como xa sabedes, o galego ten unha conta no servidor de traducións de TYPO3, polo que calquera colaboración para seguir coa tradución de TYPO3 ó galego será benvida.


Comments

On 08/04/25 13:13, carlos wrote:

Pois é unha boa nova. Bo traballo!