O Galego en TYPO3 III
TYPO3 4.2 foi lanzado onte, o que implica que o galego xa está soportado no core de TYPO3. Dende este momento calquera que se descargue a versión actual de TYPO3 poderá ter un sitio web funcionando en galego coma un idioma máis.
Se queremos ter o backend de TYPO3 en galego tan só temos que seguir os seguintes pasos:
- Acceder ó módulo Ext Manager (Adm. de Extensións)
- Seleccionar a opción Translation handling
- Seleccionar o idioma Galician – [Galician]
- Premer en Save selection
- Premer en Update from repository
Unha vez feito isto poderíamos escoller o galego como idioma de backend:
- Ir ó módulo User settings (Configuración)
- Seleccionar Galcian – [Galician] no campo Language (Lingua)
- Premer en Save configuration (Gardar configuración)
Ademáis está dispoñible a extensión Static Info Tables (gl) – static_info_tables_gl
, que proporciona a tradución ó galego das táboas estáticas de TYPO3.
Para rematar quero lembrar que, como xa sabedes, o galego ten unha conta no servidor de traducións de TYPO3, polo que calquera colaboración para seguir coa tradución de TYPO3 ó galego será benvida.
Comments
Pois é unha boa nova. Bo traballo!