Xa temos unha conta no servidor de traducións de TYPO3 para a lingua galega, e xa están subidas as traducións que fixeramos con anterioridade. Ademais creamos unha páxina no wiki de TYPO3 para a coordinación do equipo de tradución.

A partir de agora (*cando se arranxe a conexión entre o servidor de traducións e typo3.org*), calquera podería baixarse a tradución do galego dende a opción “Translation handling” da ferramenta “Extension Manager” en TYPO3.

Con isto conseguimos o obxectivo inicial do proxecto “Tradución ó galego do backend de TYPO3“, este proxecto quedaría reemplazado polo traballo do equipo de tradución ó galego en TYPO3.

Estamos abertos a recibir axuda para continuar, mellorar, manter, correxir, … a tradución de TYPO3 ó galego.