O Galego en TYPO3
A partir da versión 4.2 de TYPO3 o galego será un idioma máis dentro deste CMS. Despois duns cantos correos na lista de tradutores de TYPO3 (que comezaron cun correo de Xavi en xaneiro deste ano) conseguimos que o galego fose incluído no núcleo de TYPO3. Polo de agora estamos a espera dunha conta no servidor de traducións de TYPO3 para poder subir as traducións que temos feitas ata o momento (o backend e algunhas das extensións máis utilizadas). Pero xa publicamos a extensión static_info_tables_gl para a tradución das táboas estáticas ó galego.
Gracias os meus compañeiros de Igalia polo traballo de tradución e tamén á xente de TYPO3 (en especial a Dmitry Dulepov) por dar os pasos para engadir a nosa lingua en TYPO3.
- Previous: Galician in TYPO3
- Next: Developing TYPO3 Extensions (sg_showdoku)