byGalicia na Forxa de Mancomún

O proxecto byGalicia é un proxecto que foi desenvolto sobre Typo3. Typo3 é un xestor de contidos libre e desenvolto na linguaxe php. Este sistema de xestión de contidos esconde un potencial importante para a implantación de aplicacións web de bastante envergadura e ofrece unha gran capacidade de ampliación grazas ó seu sistema de extensións.
Igalia, dende un inicio, prometeu a súa intención de publicar todo o traballo desenvolto sobre Typo3 na Forxa de Mancomún, coa intención de converter a byGalicia nun proxecto que, non só esté implantado sobre software libre senón que o sexa, en si mesmo.

Por esta razón, dende o grupo de traballo de xestión de contidos levouse a cabo o traballo poder publicar as extensións, e grazas ó labor de Diego, Loren, Iván e Manuel durante o mes de Agosto, xa podemos dipoñer das extensións do o proxecto byGalicia na Forxa.

Resaltar que o sistema de extensións de Typo3 promove a creación de bastantes dependencias entre extensións e a creación de algunas de pequeno tamaño como base para desenvolver funcionalidades máis importantes. En consecuencia, decidíuse publicar todas as extensións que utilizamos -ou modificamos- xuntas nun arquivo tgz coas últimas versións de cada unha para que todo o mundo que o desexa poida descargalas, probalas e melloralas.

Entre as extensións publicadas destacar varias pola importancia e envergadura que teñen:

  • Extensións para integrar CAS con Typo3.
  • Extensión que mellora o sistema de desenvolvemento de formularios de Ameos: Formidable.
  • Extensión de xestión de currículos.
  • Extensión para a xestión da sección de Empresas de Galicia, onde as empresas galegas poden dispor de unha pequena páxina web para contar quen son e que fan.
  • Extensión de xestión de rexistro de usuarios.
  • Extensión que xestiona a portada personalizada dos usuarios de byGalicia.

E unhas cantas máis, ata 89 extensións das utilizadas, con algunhas que xa estaban dispoñibles previamente no repositorio de Typo3 desenvoltas por outros autores. En xeral, as extensións creadas explícitamente para byGalicia son as que comezan por “gl_“.

Xavi.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *