Premio PFC Sw Libre: quedan 15 días!
Quedan 15 días para que se cerre o plazo de inscripción no Premio ó mellor PFC con Software Libre. Aqueles que queirades participar debedes realizar os pasos para inscribirvos antes do 31 de Outubro. Uns días atrás enviamos á rolda de correo do premio as instrucción para entregar a memoria así como memorias exemplo dos finalistas do ano pasado. Podedes velo na web do Premio.
Como sabedes, o obxectivo da iniciativa é premiar a aqueles que decidiron facer o seu Proxecto Fin de Carreira como Software Libre, fomentando así o seu uso entre os universitarios galegos. Sen dúbida, na universidade queda moito camiño por recorrer no eido de integrar o coñecemento sobre a participación e xestión dun proxecto de Software Libre. Éste é o noso pequeno gran de area, co que pretendemos contribuir a aumentar ese coñecemento.
Esperamos que poidades participar e así optar ó premio de 1.000€! 😀
Igalia nas facultades galegas
Ó longo dos seguintes días, Xavi e máis eu estaremos facendo a presentación do Premio ó mellor PFC con Software Libre en varias facultades galegas. As datas concretas acaban de ser anunciadas na web do premio (publícoas aquí por completitude):
- 30 de Setembro ás 10:00. Santiago de Compostela, Escola Técnica Superior de Enxeñería.
- 30 de Setembro ás 16:30. Vigo, Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación.
- 01 de Outubro ás 12:30. Ourense, Escola Superior de Enxeñería Informática.
- 06 de Outubro ás 12:00. A Coruña, Facultade de Informática.
Durante a presentación falaremos dos obxectivos que a iniciativa pretende impulsar e explicaremos as bases de participación. Por outra banda, parécenos unha boa oportunidade para dar un pouco de contexto sobre a empresa, de onde xurde o Premio, etc. Se tes algunha dúbida, comentario, suxerencia, ou simplemente desexas coñecer Igalia e/ou o Premio ó mellor PFC con Software Libre, acércate polas facultades e pregúntanos! 🙂
Premio PFC Sw Libre 2009: terceira edición
[13:00 actualización]: acabamos de crear unha rolda de correo onde se irán comentando as novidades do evento, se poden realizar preguntas, etc. Suscríbete para coñecer as novidades.
A terceira edición do “Premio ó mellor PFC con Software Libre” xa está aquí 🙂 Ó igual que nas anteriores, o evento realizarase en Novembro, durante a terceira semana. Nesta ocasión, e seguindo a política rotatoria entre facultades, farémolo na Escola de Informática de Ourense.
Highlights do evento:
- Participacion aberta a todos os PFC presentados no ano académico 08/09.
- Os PFC participantes deben de ter unha licencia de software libre aprobada como tal pola OSI ou a FSF.
- 1000€ de premio e posibilidade de 500€ de accésit.
- Entrega durante a terceira semana de Novembro na EI de Ourense.
- Xurado conformado polos 3 decanos/coordinadores das facultades galegas de informática, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, a través de Mancomún e dous membros de Igalia.
Para participar no evento, será necesario realizar o seguintes pasos antes do 30 de Outubro:
- Cubri-lo formulario de inscripción.
- Rexistrar-lo proxecto na forxa de Mancomún, no tópico “Concursos > Premio ao mellor PFC con SwL > 2009“, aínda que se utilicen outros repositorios de código e listas de correo.
- Finalmente, será necesario entregar unha memoria (5 a 10 páxinas) do PFC explicitando as tecnoloxías de software libre utilizadas así como o proceso de interacción coa comunidade.
Por outra banda, o día do evento realizarase unha presentación cos preseleccionados.
Para rematar, só poñer un enlace a uns artigos que desenvolvemos na edición anterior sobre a xestión dun proxecto de Software Libre. Se ben non é máis que unha compilación de boas prácticas que realizan certos proxectos (en ningún caso a receta máxica para que funcionen), sí pode ser interesante, por exemplo, de cara a seleccionar a licencia do teu proxecto. Espero que sexa de utilidade! 🙂