Igalia nas facultades galegas
Ó longo dos seguintes días, Xavi e máis eu estaremos facendo a presentación do Premio ó mellor PFC con Software Libre en varias facultades galegas. As datas concretas acaban de ser anunciadas na web do premio (publícoas aquí por completitude):
- 30 de Setembro ás 10:00. Santiago de Compostela, Escola Técnica Superior de Enxeñería.
- 30 de Setembro ás 16:30. Vigo, Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación.
- 01 de Outubro ás 12:30. Ourense, Escola Superior de Enxeñería Informática.
- 06 de Outubro ás 12:00. A Coruña, Facultade de Informática.
Durante a presentación falaremos dos obxectivos que a iniciativa pretende impulsar e explicaremos as bases de participación. Por outra banda, parécenos unha boa oportunidade para dar un pouco de contexto sobre a empresa, de onde xurde o Premio, etc. Se tes algunha dúbida, comentario, suxerencia, ou simplemente desexas coñecer Igalia e/ou o Premio ó mellor PFC con Software Libre, acércate polas facultades e pregúntanos! 🙂
Trackbacks
Trackbacks are closed.