Prácticas de verán: deadline 22 de Maio

Posted by amaneiro on May 11, 2009

Como cada ano dos últimos 8, Igalia abre as plazas para optar a prácticas de verán. A oferta está aberta a estudantes de Enxeñería Informática ou Telecomunicacións (especialidade telemática) -pertencentes á enxeñería técnica ou superior- con máis do 50% dos créditos superados. Se desexas desfrutar dunha estancia connosco tes ata o 22 de Maio para enviarnos a túa solicitude.

Qué ofertamos:

  • 350h de prácticas entre Xullo e Setembro.
  • Horario flexible realizando unha media de 5 a 8 horas diarias.
  • Axuda de 1.200€
  • Traballo baixo a tutela dos nosos hackers en tecnoloxías punteiras en entornos gnome (desktop/mobile) e aplicacións web RIA.

Para optar a elas só tes que enviarnos a seguinte información a rrhh[arroba]igalia[punto]com indicando no subject “[internship] Apelido, Nome”:

  1. Unha carta de presentación: cóntanos por qué che interesa facer as prácticas connosco e por qué consideras que estás entre os candidatos máis adecuados.
  2. O teu currículo actualizado.
  3. Copia do expediente académico.

Máis información: http://www.igalia.com/igalia/workwithus/internship/

Trackbacks

Trackbacks are closed.

Comments

Comments are closed.