Premio PFC Sw Libre 2009: terceira edición
[13:00 actualización]: acabamos de crear unha rolda de correo onde se irán comentando as novidades do evento, se poden realizar preguntas, etc. Suscríbete para coñecer as novidades.
A terceira edición do “Premio ó mellor PFC con Software Libre” xa está aquí 🙂 Ó igual que nas anteriores, o evento realizarase en Novembro, durante a terceira semana. Nesta ocasión, e seguindo a política rotatoria entre facultades, farémolo na Escola de Informática de Ourense.
Highlights do evento:
- Participacion aberta a todos os PFC presentados no ano académico 08/09.
- Os PFC participantes deben de ter unha licencia de software libre aprobada como tal pola OSI ou a FSF.
- 1000€ de premio e posibilidade de 500€ de accésit.
- Entrega durante a terceira semana de Novembro na EI de Ourense.
- Xurado conformado polos 3 decanos/coordinadores das facultades galegas de informática, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, a través de Mancomún e dous membros de Igalia.
Para participar no evento, será necesario realizar o seguintes pasos antes do 30 de Outubro:
- Cubri-lo formulario de inscripción.
- Rexistrar-lo proxecto na forxa de Mancomún, no tópico “Concursos > Premio ao mellor PFC con SwL > 2009“, aínda que se utilicen outros repositorios de código e listas de correo.
- Finalmente, será necesario entregar unha memoria (5 a 10 páxinas) do PFC explicitando as tecnoloxías de software libre utilizadas así como o proceso de interacción coa comunidade.
Por outra banda, o día do evento realizarase unha presentación cos preseleccionados.
Para rematar, só poñer un enlace a uns artigos que desenvolvemos na edición anterior sobre a xestión dun proxecto de Software Libre. Se ben non é máis que unha compilación de boas prácticas que realizan certos proxectos (en ningún caso a receta máxica para que funcionen), sí pode ser interesante, por exemplo, de cara a seleccionar a licencia do teu proxecto. Espero que sexa de utilidade! 🙂
Trackbacks
Trackbacks are closed.