Despois de duros meses de traballo, no que houbo que xestionar a coordinación, só na parte técnica, en algún momento do desenvolvemento de un equipo amplo, conseguimos publicar http://www.bygalicia.eu.
Síntome especialmente orgulloso de xestionar este proxecto polo que byGalicia poida supoñer para Galicia, a quen sempre estou disposto á axudar, como bo galego. A intención da Consellería de Innovación e Industria é convertela na marca país. Esto pode significar que as empresas galegas que saian ó exterior poidan levar unha marca paraugas detrás súa e lles sexa máis doado entrar en novos mercados.
Este portal non sería posible sen a cooperación de todos os actores que formamos parte do proxecto, por iso me gustaría darlle as grazas ás persoas implicadas no desenvolvemento mesmo:
Grazas ó equipo de traballo da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, en especial a Toño, polas posibilidades que nos ofreceu para a realización de propostas e a confianza depositada en nós; e a Javi, Julio e Vicente que entraron co proxecto xa comezado pero se implicaron nel como se estivesen dende o primeiro día.
Ademáis gustaríame destacar o traballo de Fernando Beltrán e Andrés Moratinos, de “El nombre de las cosas” e “Exágono” respectivamente, porque sen eles byGalicia non sería o que é hoxe. Verdadeiros cracks!
Finalmente e non menos importantes, agradecer a todos os que en algún momento axudaron a que este proxecto chegara a bo porto: Diego, Iván, Loren e Manuel, con axudas puntuais de Mario e Berto ;), e non me vou esquecer, de nomear a Miriam como parte do equipo nos seus inicios, responsable de que o portal sexa personalizable.
Grazas a todos,
Xavi.