SergasApp 0.1.1

SergasApp foi publicada en Abril deste mesmo ano e acaba de superar as 2000 descargas no market de Android (Google Play). Antes de nada, moitas gracias a todos pola boa acollida.

Debido a un bug de PhoneGap en Android 4.1 Jelly Bean veño de publicar unha nova versión da aplicación. O problema era que a aplicación pechábase cando un usuario introducía o número “7” nalgún campo. O erro foi correxido na versión 2.0.0 de PhoneGap, polo que SergasApp agora emprega esa versión.

A parte desta corrección a nova versión inclúe as seguintes novidades:

  • Agora inclúese a información sobre o tipo de cita tanto durante o proceso de solicitude como na consulta das mesmas.
  • Por defecto, selecciónase o primeiro día e hora libres á hora de solicitar unha consulta.
  • En Android engadiuse un novo botón que permite pechar a aplicación.

Espero disfrutedes da nova versión que podedes descargar dende a páxina web da aplicación ou o market de Android (Google Play) ;-)

  1. Miguel says:

    Hola, vexo que no GitHub tes o código para o navegador, pero falta o proxecto enteiro para importar directamente no eclipse, o AndroidManifest.xml, as clases java, etc.

    Estimo moito que a puxeras pero non entendo esa tendencia de poñer solo o xusto para que non a copien.

    • manuel rego casasnovas says:

      Ola, o que está no GitHub e todo o que fai falta para construir a aplicación empregando http://build.phonegap.com

      É verdade que non están os ficheiros para lanzala en Eclipse para Android, pero a aplicación é válida para máis plataformas, polo que alguén podería utilizar o mesmo código. Ademais pode haber xente que non utilice xusto Eclipse ou calquera outro editor, polo que para o meu gusto é mellor subir só os ficheiros reais de código e non os de configuración dos IDEs e demais.

      Por outra banda é sinxelo importar o proyecto e comezar a facer probas en Eclipse e Android. Poderías seguir os pasos explicados na presentación do seguinte post para facelo: http://blogs.igalia.com/mrego/2012/08/04/phonegap-at-master-on-free-software/

      Por último, o código é público precisamente para que calquera o podia copiar ou modificar, de feito, nestes momentos a aplicación non funciona e eu non fun capaz de arranxala, polo que se alguén é capaz de arranxar o meu código estaría máis que encantado en aceptar os seus parches e sacar unha nova versión.

      Espero aclarar as túas dúbidadas sobre a forma de publicar o código.

      Un saúdo,
      Rego

  1. There are no trackbacks for this post yet.

Leave a Reply

*