O Galego en TYPO3 III

April 24, 2008 on 7:40 pm | In TYPO3, Galego, Planet |

TYPO3 4.2 foi lanzado onte, o que implica que o galego xa está soportado no core de TYPO3.

Dende este momento calquera que se descargue a versión actual de TYPO3 poderá ter un sitio web funcionando en galego coma un idioma máis.

Se queremos ter o backend de TYPO3 en galego tan só temos que seguir os seguintes pasos:

  • Acceder ó módulo Ext Manager (Adm. de Extensións)
  • Seleccionar a opción Translation handling
  • Seleccionar o idioma Galician - [Galician]
  • Premer en Save selection
  • Premer en Update from repository

Como descargar a tradución do galego para o backend de TYPO3

Unha vez feito isto poderíamos escoller o galego como idioma de backend:

  • Ir ó módulo User settings (Configuración)
  • Seleccionar Galcian - [Galician] no campo Language (Lingua)
  • Premer en Save configuration (Gardar configuración)

Como establecer o galego como idioma de backend en TYPO3

Ademáis está dispoñible a extensión Static Info Tables (gl) - static_info_tables_gl, que proporciona a tradución ó galego das táboas estáticas de TYPO3.

Para rematar quero lembrar que, como xa sabedes, o galego ten unha conta no servidor de traducións de TYPO3, polo que calquera colaboración para seguir coa tradución de TYPO3 ó galego será benvida.

1 Comment »

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

  1. Pois é unha boa nova. Bo traballo!

    Comment by carlos — April 25, 2008 #

Leave a comment

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Powered by WordPress with Pool theme design by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds. Valid XHTML and CSS. ^Top^