O Galego en TYPO3

November 6, 2007 on 6:36 pm | In TYPO3, Galego, Planet |

A partir da versión 4.2 de TYPO3 o galego será un idioma máis dentro deste CMS. Despois duns cantos correos na lista de tradutores de TYPO3 (que comezaron cun correo de Xavi en xaneiro deste ano) conseguimos que o galego fose incluído no núcleo de TYPO3.

Polo de agora estamos a espera dunha conta no servidor de traducións de TYPO3 para poder subir as traducións que temos feitas ata o momento (o backend e algunhas das extensións máis utilizadas). Pero xa publicamos a extensión static_info_tables_gl para a tradución das táboas estáticas ó galego.

Gracias os meus compañeiros de Igalia polo traballo de tradución e tamén á xente de TYPO3 (en especial a Dmitry Dulepov) por dar os pasos para engadir a nosa lingua en TYPO3.

No Comments yet »

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Powered by WordPress with Pool theme design by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds. Valid XHTML and CSS. ^Top^